Regato

 

      Un regato ( tamén se chama regueiro, regacho, riacho,  rigueiro, rielo,  regueira, rego, arroio, sorrío, agolada etc.) chámase en Galicia a un río pequeno de pouco caudal, xeralmente corto e por suposto que é afluente dun máis grande. As veces o que se chama regato é un rego, e otros veces o que se chama río é un regato.

     O que si é certo que os regatos son unha marabilla en Galicia. Para mín, que conozco e pesquei moitos, son auténticas acuarelas.

Convén aclarar que moita xente distingue entre: río, regato, regueiro e rego. De maior a menor curso de auga. Entre río e os demais non hai problema, pero regueiro seica é menor có regato, pero menor có río. O rego é simplemente un pequeno surco natural polo que corre a auga. Queda dito.

Vexamos unha pequena mostra de regato e regueiros:

Regato de Barcia, en Ribadavia, ano 1968.

Trátase do río Outeiro, unha auténtica marabilla en tempos. Este lugar xa non é así, seica por riba da roca, que se ve a dereita, fixeron unha casa.

Sin comentarios.

Nese pozo teño eu moita historia, con Manuel Portela o meu mestre de pesca e Felix o meu compañeiro de fatigas. Moitas troitiñas deu esa postura...

........
Regato de Puga, en Puga - Ourense, ano 2002.

 

 Trátase do río Puga, unha auténtica marabilla que se debe cuidar e limpiar , merece a pena. 

Hoxe está feito un auténtico desastre, unha canteira na súa cabeiceira está esnafrando este regato totalmente.

 

........  
Fotografía J.A. López. Regato de Salgueiro no Xurés. Ourense.

 

Os regatos galegos son auténticas acuarelas da natureza.

 

........
 

Fotografía J.A. López.

Regato de Cereixo. Ourense.

Os regatos galegos son auténtica poesía. As súas beiras teño pasado moitos momentos marabillosos..... únicos.

........
Fotografía J.A. López. Regato de Fírbida. Ourense. 

"Regatiños da doce Galicia,

gaitiñas levades pro mar

de pedra en pedra un gaiteiro

espallando o voso alborear.

Os páxaros nos amieiros

rompen con vos a cantar,

as troitas pillan saltiños

e brincan pra namorar..."

                      Avelino Cachafeiro.

salir.jpg (922 bytes) Saír.