CHEA

chea ( tamén se chaman enchente, crecidas, dioivo, enxurro, arroiada, torrentas, duvieira, desbordamento,  aluvión, avenida, regueirada, riada, raudal, enchenta, enzurrada, medra, etc. ) non é máis que unha subida anormal de nivel do río, por choivas torrenciais, por fallos humáns ou simplemente porque choveo durante moito tempo. O que pode provocar, polo tanto,   son inundacións (asolagamento dunha área determinada debido as cheas).

Tamén se dí que o río vai "de monte a monte".

Tamén se fala de "aguas de fora" , as augas dunha crecida ou lodadas por deshielo das montañas.

Polo Incio tamén falan das cheas pero chámanlle esbordas.

Outra palabra interesante é abaloufar que se dí cando o río aumenta moito o seu caudal de auga. Esta palabra está sacada do dicionario de Eladio Rodríguez e seguramente recollida por Leiro ou a súa bisbarra.

As cheas poden ser peligrosas, sobre todo si algunhos políticos "expertos" cambian o cauce o río ou quitan as árbores para facer paseos fluviais (os mellores paseos fluviais son os que xa hai feitos, os outros, salvo excepcións son auténticas salvaxadas que a larga páganse...).

Algunhas cheas famosas:

 

 

A chea en Vilariño de Conso,

Simplemente Iberdrola, abriu o encoro do Cenza. Foi incríble como iba o río. Para temblar. Non houbo mortes de casualidade... observar esta fervenza,  é incríble.

 

Fotografía de Pacheco.

 

Fotografía A Región.

 

As cheas do río Miño.

O río Miño tuvo varias  : en 1909 , a de 1935, 1939 , 1959 , 1962 , 1966 , 1979,  1987, 2000-2001, 2014, entre outras.

Seica a chea do nove (1909) foi moi grande e sonada. A mais grande que vín foi no 2000-2001.

Na fotografía a chea de 1979 en Ourense capital.

¡¡¡ Para temblar!!!.

Hoxe cos encoros pódense controlar máis estas cheas, pero ollo...poden ser inda máis peligrosas. Cando o encoro está cheo unha subida das augas pode ser moi peligrosa e producir moitos danos.

Sobre as cheas ou enchentas do río Miño hai unha páxina, do queescribe, onde hai históricos delas e unhas fotografías moi curiosas, sobre todo a chea de 1959 que foi unha das grandes...Ver este link.

 

 

 

 

O río Miño sigue avisando, esta fotografía corresponde a chea do 7 de decembro do 2000.

O salto de Velle vaciaba 6000 metros cúbicos por segundo e o río subiu 6 metros. Esta presa pode evacuar ata 8000 metros cúbicos.

Incrible.

 

 

O río Miño sigue avisando, esta fotografía corresponde a chea de xaneiro do 2001. Foi un pouco menos que en decembro do 2000, fotografía anterior,  pero dende logo peligrosa.

O río Miño sigue avisando.

As cheas, na miña opinión, cada día serán máis peligrosas: os ríos non se lle poden por barreiras as beiras, e os montes non se deben queimar.

O río Miño nos Peares, ano 2019, pequena chea dese ano.

 

O río cando vai cheo

leva carballos e follas;

tamén podía levar

as linguas marmuradoras.

salir.jpg (922 bytes) Saír.