Val Glaciar do Cenza. Vilariño de Conso. Ourense. ¡Unha salvaxada! 1994

Esta é unha fotografía do Val Glaciar do río Cenza, dende Cabeza de Manzaneda. O fondo as Serras Calva, Serra Segundeira e Serra do Eixe, máis preto, a dereita, o cañón do Bibei, , tamén o do río Camba, no centro Viana do Bolo.

 Xusto no medio o muro do encoro do Cenza (con escala para troitas voadoras...), feito no Val glaciar do Cenza, único en Galicia. Altura de 1341 metros sobre o nivel do mar. Xunto o muro, xusto no medio,  o pobo de Chagüazoso, o máis alto de Galicia 1400 metros. A dereita do pobo a morrena (máis espectacular e mellor conservada de Galicia), a dereita o cañón do Cenza un lugar cuns cantos rodados espectaculares, propios dun Val Glaciar e cunhas troitas sensacionais, un lugar por onde baixa o río Cenza e que eu pescaba polos anos 1980-1990.

Este encoro, neste lugar único, foi feito por Iberdrola no ano 1994. Unha auténtica salvaxada antinatural. O tributo que pagamos por un progreso mal entendido.

Neste lugar pescou Alfredo Gonzalez a troita se ve a continuación:

"Deus fixo, sin dúbida, lugares tan fermosos como o Val glaciar do Cenza, pero non entendo como deixou que o estropearan cun encoro..." Secundino Lorenzo autor da www, maio do  2005.

Volver a páxina da troita de Botteler.