A lenda da Ponte  Freira.

Non conseguín unha fotografía desta Ponte, Ponte Freira, e tampouco sei onde está situada. Por eso poño o dibuxo dunha ponte anónima...

   

Copio literalmente o seguinte texto dun libro fermoso que se chama Camiños, pasos e pontes de Begoña Bas, onde recolle una lenda moi fermosa relativa a Ponte Freira. En xeral tódalas pontes teñan a súa lenda, esta é a da ponte citada:

"...sitúase polo ano 791, nun día en que toda a aldea estaba reunida para celebra-lo casamento dunha nova parella; nisto aparecen os mouros e mentras os homes se van armar para os combater, as mulleres, nenos e vellos foxen para a cume do monte; os mouros vencen ós da aldea e comenzan a subir cara o lugar onde estaban os refuxiados que, aterrorizados, buscan un paso encima do fondo dun barranco, mais este paso desaparecera. Entón, a noiva fai a promesa de ofrecer a Deus tódolos días da súa vida se os salva do perigo; de contado, quita o veo branco, lánzao a outra beira quedando desde xeito tendido, e pon o seu pé sobre o mesmo. O veo colleu a dureza e consistencia dunha pedra, todos pasan sobre el e, cando os mouros queren face-lo mesmo, o paso ábrese ó medio e estes caen, sendo que os que  aínda non comenzaran a pasar, foxen. Cando queren recolle-lo veo, xa non o poden facer, pois a branca ponte quedaría alí para sempre....."

         

 galicia.gif (2685 bytes) Volver