As feiticeiras do río Sil.
Na fotografía o río Sil, afluente principal do río Miño..
Din que nun punto sin determinar con exactitude do río Sil, viven feiticeiras. Atraen ós mozos e sedúcenos coa súa voz. Quedan atrapados polo seu doce son e afogan e desaparecen no fondo do río para sempre. Hai unha maneira de evitar o encantamento: cruzar o río cunha pedra na boca. Así os mozos non poden falar e, se gardan silencio, o encantamento non se produce e poden chegar felizmente a outra beira.
Trociño dun calendario do ano 2005 publicado sobre os ríos galegos pola empresa Cementos Cosmos. S.a.
Nota: unha feiticeira (diccionario Xerais da lingua) é unha persoa que supostamente posúe poderes sobrenaturais, o que exerce unha influencia, xeralmente negativa, sobre as persoas ou cousas mediante palabras, xestos ou signos estraños.