Oenanthe crocata. 

 Pe de Boi. Pie de Buey.

Herba moi abondosa nos ríos galegos, nos prados húmidos e nas beiras.  

É bastante olorosa. Pode botar ata 1,5 metros de altura.

Esta planta é moi velenosa.  Chámase Pe de Boi, Nabo do Demo e en xeral  Oenante.

 

Ver Características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pe de Boi.

 

Lóbulos das follas basais ovais ou redondeados. De ata 1,5 m., robusta e ramificada. Raíces con tubérculos pálidos, parecidos o nabo, de zume amarelo, ovoideos, estreitados no lugar en que nace o talo. Este é oco e asurcado. Moi ramallentos e longos, pasan do metro.

Chámase en Galicia pe de boi, tamén nabo do demo e oenante.

Sen dúbida é unha planta altamente velenosa, todos os Oenantes, en especial a crocante. Os tubérculos ou raices que se ven no dibuxo poden producir tamén a morte. Inda por riba son de gusto doce.

Outra imaxen das raíces. Ó cortalas teñen cor blanca e son doces.

Repito:  altamente velenosas.

 

 

Follas lustrosas, as basais pinnadas 3-4 veces, con segmentos de base en cuña. lobulados e algo dentados; as superiores primadas 2-3 veces. Umbelas, ata de 10 cms.,  con 10-40 radios. Flores blancas ou rosadas. Froito cilíndrico. Repito velenosa. En prados e lugares húmidos.

Florece no verán.

O ser cortada desprende un xugo algo leitoso que se pon logo amarelo, tendo un sabor dulce pero velenosísimo.

O veleno e incluso malo para o gando. Os efectos son parecidos o da estricnina.

 A fotografía é de Ian Dodkins.

O pé de boi é moi común nos ríos galegos.

Fotografía de Carl Farmer onde se ven as follas do pe de boi.

Son unhas follas moi características xa que da misma base saen tres ou catro folliñas o que se chaman follas pinnadas.

Fotografía de Carl Farmer.

É unha planta perenne, e chámase desta forma (nabo do demo ou pe de boi) xa que os tubérculos son como os do nabo, deitan ademais un zume amarelo característico.

Flores da Oenanthe crocata. Florece no verán.

 

A "asociación vexetal"  Oenanthe crocata con Glyceria declinata é típica dos ríos galegos de augas pouco profundas.

--------0------

O texto é do libro "Claves de la Flora de España" de Mariano Garcia Rollán.

Nota: no mismo río pode haber outras oenanthes como a Oenanthe aquatica que é bastante común. Ver ficha.

 

PÓDESE CONFUNDIR COA CICUTA.

A cicuta , Conium maculatum tamén se atopa nos prados.

Tamén se chama , prixel de lobo. Con esta planta envelenaron a Sócrates.

Pode botar ata 2 metros de altura.

O talo é moi distinto e tamén as flores teñen a súa diferencia.

Oenanthe crocata

Conium maculatum

Oenanthe crocata

Conium maculatum

Conium maculatum.

As flores son inconfundibles. Son blancas típicas das umbelíferas. Levan cinco sépalos e unha especie de alfiler pero non todas. Ver a fotografía.

As follas son moi parecidas as do prixel. Tamén se parecen os fentos.

Chámase prixel das bruxas.

Para rematar, nesta fotografía vedes o Pe de Boi no río Xares, a carón dunha das moitas presas que ten o seu canle. O río Xares é unha xoia que temos en Ourense, concretamente na Veiga.

Saír.