![]()
(Pode medir por riba dos 60 cms e pesar 10 kg, pero o normal son 30-40 cms e o peso entre 600 grs. e 2000 grs. É unha especie que tende a desaparecer).
É un peixe moi escaso en Galicia, pero é un bon peixe.
A súa carne é grasa, tenra e gustosa, pero antes de cociñar este pescado hai que deixalo varios días en auga limpia, si non sabe mal.
Dende logo é moi común en toda Europa, descoñezo porque en Galicia é tan escaso. Seica hai tencas en algúns encoros de Galicia.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Desove | Alimentación | Distribución en Galicia. |
| Interés | Protección | Os lectores opinan |
![]()
| Nome científico: |
Tinca Tinca. Linnaeus 1758.
|
| Nome galego |
Tenca
|
| Nome castelán |
Tenca
|
| Dimensións |
O normal está entre 20-40 cm e de peso 600 grs. ata 2 kg. Pero pode dar un máximo de 70 cms. contra 10 kg de peso.
|
| Identificación: |
Ríos e regatos. O dibuxo é exacto e nel vese perfectamente a cor da súa librea. Ten o corpo ovalado e robusto. A boca é pequena, terminal, con un par de barbillóns nas comisuras e con labios grosos.
Os ollos son pequenos, co iris bermello ou amarelo. Os ápices das aletas son redondeados. O dorso e os flancos son pardo negruzcos, pardo verdosos ou verdosos.
Na fotografía de 1973 vese unha tenca de 3 kg. de peso, descoñezo o autor da fotografía.
|
| Alimentación: |
Insectos de todo tipo, algas, macrofitas acuáticas, etc.
|
| Habitats: |
Ríos en xeral.Tamén en lagos. Soe vivir en pequenos bancos, en augas quetas ou de curso lento, con fondos blandos e temperaturas por riba dos 20º. En Galicia atópase nos encoros de Castrelo e Velle ( según Argibay).
|
| Desove: |
A freza ten lugar en maio ata finais de agosto. Os ovos verdosos de 0,8-1,5 mm de diámetro e número de 280.000 a 827.000 son depostos en grupos ( a intervalos de dúas semans e un tempo de dous meses) entre as hidrófitas. As larvas eclosionan os 2-8 días e miden 4.5 mm.
|
| Interés: |
A súa carne é grasa, tenra e gustosa coa condición de tela varios días en auga limpa que lle quite ese deixe que ten de fango ou salvaxe.
|
| Protección: |
Ninguna.
|
| Información suministrada polos lectores: |
Información suministrada por José Ramón Rguez. Rguez:" A Tenca atópase en Galicia ampliamente distribuido polos encoros do río Miño -augas abaixo dos Peares- e do Sil, xa que se dispersou baixando polas augas do Sil dende a zona leonesa. É moi abondosa no encoro de Castrelo e no encoro de Velle. Tamén a pescan os pescadores de carpas de Cortegada. Non se fan moitas capturas xa que non se pesca específicamente : a fondo, con lombriz e pre-cebado o amencer ou o solpor. José R. R. pescounas no encoro de Castrelo fai tres anos ( 1997) con capturas máis ben pequenas de talla - 500 grs.-, pero ten noticias de capturas de ata dous kilos".
|
![]()

|
TENCA |
| Algunhos exemplares poden verse no río Umia e no río
Ulla. Non é moi común a tenca en Galicia pero si existe e por suposto
debemos conservar.
Según Argibay de Ourense hai moitas nos encoros de Castrelo e Velle. |