![]()
É un peixe moi buscado en Galicia e por suposto en Europa enteira.
Habita preferentemente en augas mariñas ou salobres e máis ben de estuario; pero tamén se adapta as augas doces, desplazándose frecuentemente dun a outro medio.
Nas augas salobres prefire as lagoas e nas augas doces as veces sube moitos kilómetros remontando incluso rápidos.
Os pescadores saben moi ben que este peixe é especial. As veces unha boa cuchariña fai milagros...é si non que llo pregunten o meu amigo e compañeiro de pesca en outros tempos Oscar Villán, a quen perteñece a fotografía da esquerda. ( Botou 7 Kg. 89 cms. Foi pescada o día 14-10-95 . As 20:30). ¡Enhoraboa!
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Desove | Distribución en Galicia. |
| Interés | protección | Curiosidades |
![]()
| Nome científico |
Dicentrarchus labrax
|
||
| Nome galego |
Robaliza, rabaliza, lubina.
|
||
| Nome castelán |
Lubina, robalo, robaliza.
|
||
| Dimensións |
O normal está entre 40-70 cms ( pode medir 120 cms.) e pode botar ata 12 kg. de peso.
|
||
| Identificación:
|
Identificación:
O dorso é gris ou gris verdoso, ten unha boca amplia e unha mandíbula prominente. O corpo é oblongo e lixeiramente comprimido. Non é dificil de distinguir. Corpo vigoroso, ovalado en forma de huso. Cabeza puntiaguda
coas aberturas nasais pequenas, ollos
A primeira aleta dorsal é triangular con catro radios duros, a segunda
é de igual lonxitude e trapezoidal con 1 radio duro e 12
Coloración gris plomo, máis oscura na parte dorsal. Sobre o opérculo ten unha mancha negra.
Nesta fotografía vese perfectamente
a sombra negra xunto o opérculo. Pois ben, esta sombra é un dos
elementos identificativos dunha lubina. Para unha descripción máis detallada ve-lo libro de Silvio Bruno onde da todo tipo de detalles.
|
||
| Alimentación: |
Cefalópodos , crustáceos, moluscos, poliquetos, peixes e mamíferos (ratas e ratóns). En fin que come un pouco de todo. Os calamares gústanlle moito. Tamén as anguías sobre todo si son pequenas, defeito, penetra moitas veces nos ríos en busca destas anguías. Tamén lle saben moito as sardiñiñas pequenas (5 a 6 cm.), as parrochiñas, pero canto máis pequenas mellor.
|
||
| Habitats: |
Última parte dos ríos, ou sexa nos estuarios máis ben tipo laguna si son salobres. Este peixe sube tamén polo río bastantes kilómetros arriba, incluso remontando rápidos. Podíamos decir que é unha especie do litoral que vive sobre fondos arenosos, rocosos ou de Gústalle moito andar polas praias, con apenas metros de profundidade, nos rompentes, ahí é onde pesca. Fai caso omiso de lanchas e embarcacións, é bastante osada e así lle vai as veces...
A lubina péscase entre outros enganos "o currican" pondo un peixe ou unha carnada. Vaille todo. É unha depredadora nata...
|
||
| Desove: |
Ten lugar entre febreiro e xuño, reúnense en bancos. Os ovos, máis de 100.000 por cada kilo de peso de hembra, son flotantes e teñen un diametro de 1,2 mm e eclosianan o cabo de poucos días. No momento da eclosión as larvas miden 3,5-4 mm e no curso de 40-60 días alcanzan o estadío de alevín, fase evolutiva durante a cal comenzan a deambular polas lagunas e desembocaduras dos ríos. Non presenta dimorfismo sexual, si ben as femias crecen máis deprisa e son de maior tamaño cós machos, e teñen a cabeza máis longa e puntiaguda.
|
||
| Interés: |
A súa importancia como peixe, dende logo é xunto co salmón dos máis apreciados e finos. Xa era famoso na época dos romanos que prefirían sobre todo os exemplares pescados entre as dúas pontes do Tiber e chamaban no seu mercado lupi lunati. Hoxe as lubinas salvaxes e autóctonas xa prácticamente non se collen , é a lubina que se comercializa é de piscifactoría, dende logo no se pode comparar. Unha magoa.
Encontrar unha lubina da ría é case un tesouro hoxe nas pescaderías, e como tal hai que pagalo, pero merece a pena. A súa carne ten un gran valor. Realmente é moi sabrosa.
|
||
| Protección: |
Ninguna en Galicia. Deberan pescarse robalizas por riba dos 35 cms. dimensión dos adultos machos. En Galicia a lubina ou robaliza pescouse ata con explosivos. Incrible.
|
||
| Curiosidades: |
Pez moi buscado por todo tipo de pescadores, incluso os de pesca submariña. ¡¡¡ Por algo será !!! Cando desova, os ovos flotan na auga cunha gotiña de aceite. Os xóvenes andan todos xuntos en bancos. Os adultos son solitarios.
Os que entenden de lubinas falan de que é un peixe único polo seu sabor, incluso hai xente que preconiza que se prepare, sin limpiar, ou sexa coas vísceras, e únicamente con sal. A lubina ten que ser de bon tamaño xa que as pequenas son todo espiñas... Ou sexa lubina a sal, xa que así conserva todo o seu sabor. Os lomos da lubina así preparada son, dende logo, sublimes... Hoxe a lubina de piscifactoría é outra cousa...
|
![]()

|
LUBINA |
|
Algunhos exemplares poden verse nas desembocaduras de moitos ríos galegos. Por suposto é moi perseguida e está considerada como un trofeo de pesca extraordinario. A lubina pode atoparse en toda a costa galega. |
