En peligro de extinción en tódolos ríos galegos. A contaminación, os encoros e unha política nefasta cós ríos, están a facer que o sable prácticamente non exista. Unha mágoa auténtica.
Era un peixe que subía polo Miño e o río Ulla, entre outros. No río Miño pasaba de Ourense. Hoxe (ano 2006) nono deixa Fenosa subir, quédase no encoro de Frieira e por suposto cada día suben menos. O sable era, según Eliseo Alonso, o peixe símbolo do río Miño, tanto polas súas derivacións socio-económicas como polo mundo da pesca. Tiñan algúns exemplares máis de 40 cms e sobre 3 kg.
![]()
| Nome científico |
Alosa alosa (Linnaeus 1758). Clase: actinogterugii Orden: Clupeiformes Familia: Clupeidae.
Sabel. (Descoñezo o autor da fotografía)
|
||||||||||||||||
| Nome galego |
Fotografía Mincn Sable , tamén savel ( Portugués). Sábalo. Tamén foi chamado "Cocho do río".
|
||||||||||||||||
| Nome castelán |
Sábalo, sábalo del Miño.
Outros nomes
|
||||||||||||||||
| Dimensións |
|
||||||||||||||||
| Identificación: |
Dorso azúl verdoso, azúl crisaceo ou azúl celeste, flancos e ventre de color branco platexado (as veces con reflexos dourados), 1 mancha negra na marxen superior da fisura branquial ( seguida as veces por 1-7 manchas negras máis pequenas e desteñidas).
A aleta anal ten 21-27 radios, a dorsal 19-21 , etc...sigue a descripción... Realmente as descripción de Silvio Bruno e Stefano Maugeri son incríbles do detalle que dan...merece a pena velas. As veces pode ter máis manchas:
Nota: pódese confundir a Alosa alosa (ou sable en galego) có Alosa fallax (sabela ou zamborca en galego), xa que son moi parecidos.
|
||||||||||||||||
| Alimentación: |
Aliméntase sobre todo de crustáceos pelágicos planctónicos. Tamén non desprecia os peixes pequeniños, así como pequenos animais...
|
||||||||||||||||
| Habitats: |
Viven no mar e soben a desobar os ríos, son o que se chaman anádromos. En Galicia soio se ven algúns na zona baixa do río Miño, no Umia e no Navia. Bueno, rectifico, no río Umia, co encoro de Caldas e cós últimos desastres de contaminación xa lle poden decir adeus o savel. No río Miño únicamente ata Frieira. Pero moi poucos xa que o encoro de Frieira no lle gusta a esta especie. E non lle gusta xa que os encoros baixan moito a temperatura da auga, fundamental para esta especie. Por suposto tamén a contaminación non anima os sables a desovar no río Miño. Aparte nos encoros non deixan subir a desovar a esta especie. En tempos colleuse sabel no río Miño en Ourense. Casi nada... Penoso.
|
||||||||||||||||
| Desove: |
A freza ten lugar de febreiro a xuño e en xeral está precedida dun remonte colectivo de reproductores , os adultos revelan a súa presencia gracias a axitacións moi visibles na auga. O sable pón 50.000 ovos por kilo de peso. A temperatura da auga ideal está entre 17 a 18º cousa sumamente dificil cós encoros, que enfrian moitísimo a auga do río Miño e outros. Os ovos, deposítanse sobre o fondo e logo a deriva. Eclosionan o cabo de 4-5 días. Os novos unha vez que alcanzan unha lonxitude de 8-12 cms, abandonan as augas doces entre os meses de agosto e octubro e permanecen no mar ata alcanzar 30-40 cms. A continuación suben e volve a comenzar o ciclo.
|
||||||||||||||||
| Vese nos meses: |
Na primaveira e no verán víanse a centos, dicen, na zona de Barbantes- Estación e incluso en Ourense. Eu na miña vida vín ningún, salvo en fotografía. Dice o meu amigo e peluqueiro Caride (decía xa que morreu no 2007, D.E.P. ) , un entendido da pesca do río Miño (a súa nenez pasouna xunto a Melias e o seu pai tiña unha barca para pasar o río ) que vía a centos na zona de Mélias, Barra de Miño e os Peares, denantes de facer os encoros. Hoxe é unha mágoa xa que non existen nesas zonas.
|
||||||||||||||||
| Interés: |
A súa carne é de calidade media (son moito millor o parecer os exemplares de río), a súa carne véndese fresca, afumada ou seca e tamén se transforma en fariña de pescado. Hai xente que dí que o sabel tiña unha carne exquisita. Esto será dende logo fora de Galicia. A súa pesca deportiva ten moita importancia, por exemplo en Francia. Ver por este link: Ver este link.
|
||||||||||||||||
| Protección: |
Ninguna. Está abandonado a súa sorte. Eu penso que e un peixe totalmente descoñecido polo galegos. Os encoros está clarísimo que desgracian esta especie. A contaminación tamén lle afecta. Cando se fan estudios de impacto ambiental non se ten en conta, pois xa ben...o que se pode estropear nun río cun encoro ou cunha minicentral... Claro que o progreso... a enerxía... Pois ben señores, o progreso non está reñido coa conservación das especies... hai que gastar os cartos... hai que ser máis respetuoso co mundo... é a nosa vida. É un peixe que está protexido polo anexo III do Convenio de Berna . "Especie de fauna protexida". ¡¡¡¡ Pero esto non sirve para nada !!.
|
||||||||||||||||
| Interés económico: |
O jesuita portugués P. Joaquin da Silva daba a cifra en 1914 de 100.000 savel anuais. En 1932 en tres horas e media pescou un pescador 3.600 sables cun promedio de 3 Kg por peixe. Na década de 1.920-1.930 capturábanse no río Miño un promedio de 145.000 exemplares de sabel ó ano. ( Dato sacado da revista Trofeo Pesca de octubre do 2000 , artículo firmado por Benigno Elvira, da Universidade complutense de Madrid). Hoxe, dice Eliseo Alonso no seu libro sobre o río Miño apenas se pescan na parte española 200 sables. 1989.
No ano 2.000 : as capturas foron prácticamente cero.
Noutros paises como Francia, por exemplo, o Sable move moito a pesca deportiva.
|
||||||||||||||||
| Solucións para esta especie: |
Para a recuperación de esta especie sería necesario (dice Benigno Elvira) rehabilitar as vías migratorias, acondicionando as presas con pasos eficaces para o remonte de reproductores río arriba e para o descenso dos novos cara o mar. Asimismo, resulta imprescindible a mellora da calidade da auga nos tramos baixos e nos estuarios. ¡¡¡¡ FENOSA - IBERDROLA TOMEN NOTA!!!. ¡¡¡¡A Consellería de Medio Ambiente, na miña modesta opinión, debera defender os ríos galegos e non os intereses de estas empresas, auténticas depredadoras dos ríos galegos!!!! (ano 2001) O progreso non ten que desfacer a natureza, si o fai non é progreso.
|

Fotografía Eliseo Alonso, sacada do seu libro "Pescadores del río Miño" 1989. Mostra un sable, un peixe que era o máis importante do río Miño.
El mismo dice sable, savel ou sábalo do río Miño.
![]()
|
SÁBALO
|
|
O Sábalo prácticamente xa non existe en Galicia, está limitado a parte baixa do Miño, ata Frieira, algún no Umia e algún no Ulla na parte baixa. O resto únicamente no río Navia na parte baixa. Tamén no río Eo ata a presa de Abres. Unha pena. Está en peligro de extinguirse. A culpa: os encoros mal feitos e que non pensan na natureza, a contaminación e a pesca intensiva. Progreso mal entendido... |
![]()