O Chondrostoma Miegii tamén se chama Madrilla en castelán e Loina na Rioxa; en galego non teño nin idea, en principio vou a supoñer que se chama loina.
Según ADEGA existe no río Navia, onde podría desaparecer si se fai o encoro que sempre se falou.
Gustaríame ter máis datos deste peixe en Galicia. Dende logo en Ourense penso que non existe.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | identificación | habitats |
| Alimentación | Desove | Distribución en Galicia. |
| Interés | Vese nos meses de | Protección |
| Non o encoro de Navia |
![]()
| Nome científico |
Chondrostoma Miegii ( Steindachner 1866) Outro nome (sinonimias): Chondrostoma toxostoma (Vallot 1837)
Taxonomía:
|
||||||||||
| nome galego |
(Descoñezo). En principio Loina.
|
||||||||||
| Nome castelán |
Loina (na Rioxa) , Madrilla (no resto).
|
||||||||||
| Dimensións |
Ata 51 cms. Media entre 20-40 cm. O peso ata 1,5-2 kg.
|
||||||||||
| Identificación: |
Non é doado. O corpo é alongado, fusiforme. O labio superior é groso e presenta unha lámina cornea de forma arqueada, nesto diferenciase da boga de río que ten unha lámina córnea que é recta.. A boca transversal, arqueada , en posición inferior e dotada de labios córneos bastante desenrolados. Ten entre 6-7 dentes farínxeos a cada lado, dispostos nunha soia serie. O dorso varía do pardo grisáceo o gris azulado. Os flancos son máis craros e o ventre branco amarelo.
O pedúnculo caudal é largo e estreito. As aletas son largas, a dorsal ten oito radios e a anal de oito a dez.
|
||||||||||
| Alimentación: |
Aliméntase de algas filamentosas , diatomeas, etc. Tamén por suposto de crustáceos, insectos, ovos de peixes , etc..
|
||||||||||
| Habitats: |
Especie que prefire os ríos con correntes. O Navia é o tal. É unha especie de fondo, onde vive en bandadas grandes. O atlas de peixes continentales da península non da a existencia deste ciprínido en Galicia, soio fala de Cataluña. Tampouco está inventariado pola Xunta de Galicia. Repito os únicos que falan del é ADEGA que dice que existe no río Navia.
|
||||||||||
| Vese nos meses: |
Abril a Agosto.
|
||||||||||
| Interés: |
Especial. Debe ser dos poucos lugares de Galicia , onde hai este ciprínido. Polo tanto debe ser unha especie a conservar.
|
||||||||||
| Reproducción : |
Ten lugar dende marzo a xulio, neste período realizan breves migracións, que non se podrían realizarse si se fai un encoro. Durante a freza a cabeza e a parte anterior do corpo cúbrense de tubérculos nupciais e ambos sexos. Os ovos, moi xuntos e verdosos, de 1,5 mm de diamétro e en número de 600-15000 son depositados sobre as pedras do fondo. As larvas eclosionan as 2-3 semáns.
|
||||||||||
|
Protección: |
Debera estar protexido xa que non parece moi abundante en Galicia. Sobre este punto conviene saber o que dice o libro que poño a continuación: ATLAS Y LIBRO ROJO DE LOS PECES CONTINENTALES DE ESPAÑA. Publicado en el 2001. Por I. Doadrio, el Ministerio de Medio ambiente y el CSIC. Categoria Mundial UICN : no catalogada. Categoría para España : Bajo riesgo - no amenazada. Justificación de los criterios: Se estima un declive del 20% en los próximos años debido a la introducción de peces exóticos como el pez sol, el pez gato, la perca americana y el lucio. Le pueden influir muchísimo las construcciones hidroeléctricas así como los vertidos de todo tipo. Las poblaciones de este ciprínido van en declive pero aun son importantes. ----------------------------------------------------------- Efectivamente non está en declive en lugares como Cataluña, dende logo según ADEGA si está en peligro en Galicia.
|
||||||||||
| Non o encoro do Navia: |
foto Delgado Saenz. O Chondrostoma Miegii descoñecía que existira en Galicia, as miñas noticias deste ciprínido veñen de cara de ADEGA, que indica que esta especie se ve ameazada co encoro que dende o ano 1939 están prometéndolle os veciños do río Navia, un río marabilloso e unha xente sensacional que non se merece este desprecio por parte da Xunta de Galicia. Digo esto, xa que ano si e ano tamén, fálase deste encoro, os veciños de Navia, sempre viviron con este tema, xa está ben, a xunta debe decretar que o río Navia, é un entorno a conservar no seu estado natural. Somos moitos os pescos galegos e non galegos que visitamos este marabilloso río e quedamos estaxiados...¡¡ O río Navia debe vivir para sempre !!.
|
![]()

|
Loina ou madrilla. |
|
A madrilla ou Loina non está inventariada pola Xunta de Galicia, polo menos no seu libro "Inventariación piscícola de los ríos gallegos" feito en 1996-97, non aparece para nada. Si é certo que existe, que nono sei, pero polos datos que da ADEGA atópase en Galicia, é lamentable por parte da Xunta, que no seu inventario non apareza. Según Adega este peixe ciprínido esta ameazado de desaparición sempre que se faga o encoro do Navia ( que na miña opinión non se fará nunca). O FACER O ENCORO DO NAVIA, ASÍ COMO ENCORO DE SELAS NO MIÑO , SERIA TANTA ABERRACIÓN HISTÓRICA COMO A DESECACIÓN DA LAGOA DE ANTELA. UNHA SALVAXADA SIN PERDÓN, XA REALIZADA, NA DÉCADA DOS CINCUENTA. ¡¡¡¡ BADOCOS !! |