Os muxos son peixes que se atopan no interior das rías galegas e que as veces soben tamén polos ríos.
Este muxo ( Liza ramada) é o que máis penetra nos ríos sobre todo nos meses de xullo e agosto, así o dito: " muxo ouro cando o pan vai louro" .
En agosto do 2000 vín muxos en Frieira, no río Miño, xusto a pe do encoro.
Incríble que suban tanto.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | identificación | Habitats |
| Alimentación | Desove | Interés |
| Otros tipos de muxil | A súa pesca | protección |
![]()
| Nome científico |
Liza ramada
|
| Nome galego |
Muxo, capitón, albur, etc.
|
| Nome castellán: |
Múgil.
|
| Dimensións |
Pode botar ata 50-70 cms. ( A media está entre 25 e 40 cms.)
Dibuxo do muxo
Fotografía do muxo: Liza aurata. Poden botar un peso de ata 5 kg.
|
| Identificación: |
Os muxos son peixes que se atopan no interior das rías galegas e na costa e que no verán soben tamén polos ríos.
É un peixe inconfundible. A manchiña dorada que se ve nos opérculos é típica deste peixe.
O maxilar é invisible ou casi coa boca pechada. A marxen inferior do preorbital é pouco curvo ( casi recto), o espacio xugular é ovalado. As escamas que ten na linea principal están entre 40 a 47. A primeira aleta dorsal ten 4 radios espiñosos, a segunda ten soio o primeiro radio espiñoso. Repito detrás do ollo aparece unha pequena mancha dorada. Ver na fotografía:
Liza ourata. Este muxo é o que máis penetra nos ríos sobre todo nos meses de xullo e agosto, así o dito " muxo ouro cando o pan vai louro" . O muxo é fácil de identificar, na parte central é redondeado e moi estiloso na parte de atrás. O párpado é adiposo. As aletas tamén son moi significativas:
As de arriba está claro que as primeiras son espiñosas. As pectorais a primeira é redondeada e a segunda escotada. Hai xente que os confunde coa lubina pero eu penso que claramente se diferencia (boca, corpo, aletas, etc.).
|
| Alimentación: |
Realmente comen de todo: algas, larvas de insectos, crustáceos, restos orgánicos, etc.
|
| Habitats: |
Fotografía de Meyer. Viven no mar e suben polo ríos moitos kilómetros. De feito vin muxos no pe da presa de Frieira no río Miño, cando ata a desembocadura hai moitos kilómetros. É unha especie gregaria que frecuenta, polo tanto as costas. Vive en grandes bancos.
|
| Desove: |
O desove faino únicamente no mar. A freza pode ter lugar durante todo o ano.
|
| Interés: |
É unha especie moi coñecida pola xente, sobre todo xa que aparece subindo os ríos, na foz do río, nos portos, etc. Aguanta moitísimo a contaminación das augas. Este muxo ( Liza ramada) é o que máis penetra nos ríos sobre todo nos meses de xullo e agosto, así o dito " muxo ouro cando o pan vai louro" . O dito típico pola zona de Padrón indica en que época sube o muxo, neste caso polo Ulla e os ríos da zona.
Muxo ouro: a manchiña cor ouro. No verán : cando o pan vai louro.
|
| Outros muxos: |
Hai varios tipos dos que soben polos ríos: o muxo negro ( Chelon labrossus) tamén chamado Corcón e Taiña
Fotografía do Chelon labrossus de Luquet. D. o muxo saltón (Liza aurata)
Liza aurata. Fotografía. O muxo común ( Liza ramada ) tamén chamado Capitón e Albur :
que é o descrito nesta ficha.
|
| Curiosidades de pesca: |
O muxo é un peixe moi desconfiado, enseguida se asusta. A súa pesca hai que facela con cebo e anzós pequenos. Come de todo. A súa carne deixa moito que desexar, sobre todo en portos ou lugares de alcantarillas. Fora do anterior a carne é boa.
|
| Protección: |
Non incluido na lista vermella do UICN.
|
![]()