![]()
O Carpín é de menor tamaño que a Carpa, e amosa diferentes razas.
O corpo é curto e lateralmente comprimido. Como moito achégase os 30 cms.
Distínguese da carpa en que non ten barbelas no labio superior, cousa que a carpa si as ten.
Este peixe non é autóctono de Galicia, é decir, é introducido.
As carpas van a máis nos nosos ríos.
PEIXE ROXO. CARPIN: características
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Desove | Ver distribución en Galicia. |
| Interés | Ameazas | Outros datos |
![]()
| Nome científico |
Carassius auratus ( Linnaeus 1758)
|
| Nome galego |
Pachorro. Peixe roxo. Serrán, pimpao. Tamén lle chaman en Ourense Carpa vermella. Os nomes de serrán e pimpao aparecen no libro Pescadores do río Miño de Eliseo Alonso. Dice Eliseo que estas carpas de nome pachorro pola súa pachorra no río, proceden dun estanque de cultivo delas que había en Monzón e que nunha ocasión inunduo o río Miño cunha gran crecida.
|
| Nome castelán |
Pez Rojo. Carpín. Carpa dorada. Carpín dorado.
|
| Dimensións |
É un ciprínido que raramente supera os 30 cms. A talla máxima coñecida é de 45 cm. 2 kg. de peso cunha edade de 30 anos.
|
| Identificación: |
O Carpín é de menor tamaño que a Carpa, e amosa diferentes razas. O corpo é curto e lateralmente comprimido. Como moito achégase os 30 cms. A cabeza é grande en relación o corpo, que é estreito. Distínguese da carpa en que non ten barbelas no labio superior, cousa que a carpa si as ten. A aleta dorsal é pechada e distínguese as espiñas perfectamente. As dorsais son curtas e anchas. A caudal e ancha e grande.
A aleta dorsal é alargada é cóncava. Ten entre 25 e 35 escamas na liña lateral. Este peixe non é autóctono de Galicia, é decir, é introducido.
carpín.
|
| Alimentación: |
Come de todo dende algas ata invertebrados bentónicos. Vaille todo.
|
| Habitats: |
Prefire augas con correntes, en todo caso augas pouco profundas que teñan abondosa vexetación e fondos blandos. Atópase sempre polas beiras. É un peixe que case resiste todo, pouco osíxeno, contaminación, etc. Durante o inverno métese no fango e está medio aletargado. A Xunta únicamente detecta o Carpín nos ríos Miñor ,Baixo Mero e Tea. Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997.
|
| Desove: |
Desove en maio - xuño, en lugares con moita vexetación. O normal é que durante o cortexo, os machos persigan con insistencia ás femias, acariciándolles o abdomen coas eflorescencias nupciais para incitalas a desovar. A posta realízase entre ramas e plantas acuáticas, inda que en estanques colocan penachos de cordón ou calquer material textil introducido na auga, sobre o que fixan a posta. As veces a reproducción é un tanto rara xa que poden ser todo femias, neste caso a reproducción realízase por gimnogénesis, os ovos necesitan neste caso para o seu desenrolo o estímulo do esperma dun macho doutra especie. Os individuos que nacen neste caso son clones das mais.
Incrible. A información anterior está sacada, case o pe da letra do libro Atlas e libro rojo de los peces continentales de España. de I. Doadrio, el Ministerio de Medio Ambiente y el CSIC.
|
| Interés: |
É moi utilizado como ornamental. Tamén o parecer únicamente ten interés utilizado como cebo vivo para conseguir outras especies.
|
| Ameazas: |
En España aparece no libro vermello dos Vertebrados como especie non ameazada.
|
| Outros datos: |
Trátase dun peixe orixinario de Asia, china e Xapón. Fálase de que en España debeuse meter no século XVII, e o parecer está por toda a Península. A verdade é que non acabo de entender esta teima de traer animais, neste caso peixes doutros paises e veña, o río. Non me cabe na cabeza. ¿ Alguén pode explicarme a filosofía destas historias ?.
|
![]()
|
CARPÍN |
|
A Xunta únicamente detecta o Carpín nos ríos Miñor ,Baixo Mero e Tea. Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997. |