Salmo trutta trutta. Reo. (Trucha de mar). |
![]()
O reo, tamén é galego. É a troita de mar, a troita maresa. Cada día tamén hai menos xa que non suben cós encoros.
Pode medir por riba dos 90 cms e pesar 15 kgs. O normal é pescar reos entre 38 e 60 cms con un peso entre 500 grs. e 3 kg.
Habita todos os tramos dos ríos preto do mar, ata onde pode subir, é decir, ata os encoros. Este peixe ven os ríos a desovar en agosto. Pódese pescar no Miño, no Tambre, no Sor, Eume, Mandeo, etc. Sempre preto das desembocaduras o mar. É tamén un peixe moi apreciado. (Modificado 10/01/2008)
![]()
| Nome científico |
Salmo trutta trutta ( Linnaeus 1758) Taxonomía:
Os Actinopterygii son peixes con aletas radiadas.
|
||||||||||||||||||||||||||
| Nome galego |
Reo, troita maresa.
|
||||||||||||||||||||||||||
| Nome castelán |
Reo, trucha marisca. Trucha marina. Trucha de mar. Troita de mar.
|
||||||||||||||||||||||||||
| Dimensións |
Chega a pesar 15 kg. e botar unha lonxitude de 90 cms. Pode ter una vida ata os vinte anos, pero o normal está entre 8-10 anos. Con 6-7 anos pode botar 3-4 kg que son o que se pescan normalmente. Son sin dudalo os mellores
|
||||||||||||||||||||||||||
| Identificación: |
Este é un reo típico que sube aproveitanto as mareas e que ven do mar. As súas pintas negras no lombo, a aleta dorsal recta e o seu corpo plateado delátano bastante.
Reo no seu medio. Fotografía de José Luis González. Ver na fotografía seguinte os corpos plateados característicos.
Moi plateado en xeral. Tamén ten a aleta adiposa no lombo, o que non ten, normalmente son pintas roxas (sobre todo canto entra do mar). A cabeza tamén é máis pequena que a da troita. A cola é pouco escotada ou recta. Normalmente son máis grandes que as troitas. Sobre o dorso presenta unha banda estreita (como unha raia) de cor oscuro.
Nesta fotografía dun reo vese perfectamente esa raia no dorso.
Tamén neste dibuxo. O reo o tocalo perde máis escamas que a troita. O reo para o pescador tamén é doado de diferenciar da troita, o pescalo loita ata a morte, a troita é loitadora pero moitísimo menos.
As diferencias coa troita común non son doadas de distinguir, dependendo do tempo que o reo leve no río (é máis doado de distinguir cando sube por primeira vez, os zancados (xa baixou varias veces o mar) e os esguíns (baixan por primeira vez ó mar) non é tan doado, confúndense máis coa troita común):
Na fotografía sacada do libro "La pesca tradicional del reo en Galicia" de Miguel Piñeiro, vese un reo, que é o de arriba, onde a librea é de manchas negras, mentras que a troita, a de abaixo, (Salmo trutta fario) é con manchas bermellas. Tamén, por regra xeral a aleta caudal é menos escotada que na troita. De todas formas, está claro actualmente que, o reo e a troita pese a ser distintas, moitas veces aparéanse xuntas, producindo un ou outro. As diferencias xenéticas son mínimas. Son dúas formas dunha misma subespecie. De feito hai científicos (Fernández Cobo e Marcos A. González) que únicamente distinguen dúas especies autóctonas dentro dos Salmonidae: o salmón e a troita. Así troita e reo serían dúas formas dunha misma subespecie cuia denominación correcta debera ser Salmo trutta trutta para o reo e Salmo trutta trutta morpha fario para a troita común galega. Evidentemente nesta páxina www non vou entrar en algo que me parece tan complicado e limítome a deixar constancia dos últimos adiantos no tema.
|
||||||||||||||||||||||||||
| Alimentación: |
Fotografía de Pedro Luaña Insectos de todo tipo. Peixes, ras, a propia troita máis pequena. No mar come mariscos, calamares, etc. A diferencia do salmón, o reo si se alimenta nos ríos, e moito. A alimentación do reo polo día é mínima, polo día está prácticamente inactivo, non así pola noite que perda a súa desconfianza. O reo o entrar nos ríos sitúase en lugares cómodos que lles proporcione co mínimo esforzo comida e seguridade: grandes pozos, lugares profundos, pedras, rochas, raíces, árbores caidos, etc.
|
||||||||||||||||||||||||||
| Habitats: |
Os reos están nos ríos que dan o Atlántico. Ver o mapa da súa distribución:
Distribución xeográfica do reo. Ver que únicamente hai reos na vertiente atlántica. Son máis abundantes na vertiente galega que na cantábrica.
Desembocaduras dos ríos no mar. Tamén na zona da costa preto da desembocadura dos ríos. Sube ata onde pode. As centrais ou grandes encoros e minicentrais cortan a súa subida. O reo ó entrar nos ríos sitúase en lugares cómodos que lles proporcione co mínimo esforzo comida e seguridade: grandes pozos, lugares profundos, pedras, rochas, raíces, árbores caidos, etc. O reo non é sedentario como a troita, de feito vive no mar e no río indistintamente. Os ríos normalmente remontaos no verán e efectúa logo a posta no outono. Trátase polo tanto dun peixe anádromo (vive indistintamente no río ou no mar). Dado que nace no río e polo tanto en auga doce, o cabo de aproximadamente dous anos esguina (trátase dun cambio fisiolóxico para soportar o cambio de río o mar), este esguinamento tamén se chama esmoltificación: cambea de cor e de comportamento.
O reo cando volve o mar (unha vez que cambia a súa librea como xa está dito) non se mete mar adentro, normalmente merodea pola costa, inda que poden separarse moitos kilómetros de distancia. Normalmente volven o río onde naceron inda que pode non ocurrir esto.
|
||||||||||||||||||||||||||
| Vese nos meses: |
Vese nos mes de xulio e agosto preto da desembocadura no mar. A súa pesca faise pola noite, na media hora que se concede a nivel de Galicia. Pescase con todo, cucharilla, mosca, etc. Pero o máis normal é pescalo con "risco". Especie de moneco artificial que varía moito según os lugares de pesca.
Riscos de Sito Fernández. Fonte libro "La pesca tradicional del reo en Galicia" de Miguel Piñeiro. Os interesados neste cebo e na súa técnica poden consultar o libro La pesca tradicional del Reo en Galicia (reseña da miña páxina sobre o libro), onde se describe con todo luxo de detalles esta modalidade de pesca.
|
||||||||||||||||||||||||||
| Reproducción: |
O reo, como xa está dito remonta o río ata os lugares de posta e a partir de novembro a femia pon 1.500 ovos por kilo de peso. O chegar a primavera os ovos eclosionan e aparecen os alevíns. O cabo de dous anos os alevins vanse para o mar, regresando (o pasar dous ou tres anos) o río para desovar.
Reo vello. Antes de ir o mar prodúcese o chamado esguinado que é un cambio fisiolóxico que opera para soportar o cambio osmótico que representa o cambio do medio fluvial o medio marino. Este esguinado tamén se chama esmoltificación.
Reo novo. A freza faina en pequenos ocos de gravilla entre octubro e xaneiro. Entre 1000 e 2000 ovos dependendo do peso. Os ovos son amarelo-alanraxados que eclosionan entre os 70-120 días. Os alevíns pasan entre 1-5 anos no río. O reo a diferencia do salmón aliméntase no río e moito. Outra diferencia (có salmón) é que non morren normalmente despois de desovar. Moitos adultos (os zancados) regresan o mar. Así pois o reo pasa por distintas etapas ou fases no seu ciclo vital: esguín (que baixa o mar por primeira vez, os dous ou tres anos), postesguín ou Finnock (exemplar que volve o río o mesmo ano que baixou), adulto de retorno (exemplar que despois de pasar un inverno no mar volve o río a reproducirse), reproductor múltiple (adulto que entra no río para reproducirse por segundo ou máis veces), e por último zancado (exemplar que xa realizou a reprodución e volve o mar).
|
||||||||||||||||||||||||||
| Interés: |
Especial. Cada vez quedan menos. Abundan en algúns ríos galegos. Ver a tabla de pescas nos últimos anos.
O reo ten moito interés tanto deportivo (a súa pesca está de moda en Galicia no ano 2005) , como interés comercial. O reos vense moitas veces a venta como un peixe especial. A pesca do reo atrae a moitísima xente. Efectivamente trátase de algo especial, o reo é moi loitador e ademais non se engana fácilmente. Por outra banda o reo que entra a un cebo, non volverá entrar a outro en varios días, cousa que non ocurre coa troita. Os días de moita calor son malos para pescar reos, salvo a mañanciña e no sereno, ou sexa que a cousa é bastante dificil. Para ver estos e outros detalles da súa pesca podedes consultar este link. Distribución en Galicia e Tablas de pesca.
|
||||||||||||||||||||||||||
| Protección: |
Tende a desaparecer dos ríos. En principio non está protexido en Galicia, que eu sepa, inda que si teñen que levar a guía, o que supón un control dos que se pescan. De tódolos xeitos hai moitos reos que non pasa pola guía, polo que os datos non son exactos.
|
||||||||||||||||||||||||||
| O reo en Galicia: |
É un peixe emblemático, loitador, astuto. Non é doado de pescar. Os grandes encoros, as minicentrais, a contaminación, os envelenamentos, as repoboacións mal feitas, os malos pescadores, a sobrepesca, rematan con esta especie. O reo dase actualmente nos ríos Anllóns, Eume, Grande, Landro, Lérez, Mandeo, Masma, Miñor, Sor, Tambre, Ulla, Umia e Xubia.
Os ríos máis reeiros actualmente, abril do 2004, son o Sar, o Eume, o Tambre e o Mandeo (polo menos de reos guiados). Por suposto no río Miño tamén se dan moitos reos, probablemente tantos como nos outros ríos, pero non se guían os reos. Nota: Por reos guiados enténdese aqueles que unha vez pescados pasan o control de Medio Ambiente, que é o legal.
|
||||||||||||||||||||||||||
| Libros sobre o reo e a súa pesca en Galicia: |
Libros de pesca do reo en Galicia:
La pesca tradicional del Reo en Galicia (reseña da miña páxina sobre o libro). Páxina do autor do libro, onde fala da súa pesca e demáis.
|
||||||||||||||||||||||||||
| Links sobre o reo: |
|
Fotografías enviadas de reos galegos.
|
|
|
Fotografía enviada por Pedro Luaña Louzao. O reo foi devolto o río Tambre para que crecera un pouco máis. É bonito. Botou 26 cms. ¡Moitas gracias Pedro! |

Reo no seu medio. Fotografía de José Luis González. Esta fotografía está sacada dunha exposición que fixo o autor en Ourense. É unha foto dunha foto.
![]()

|
REO |
||||||||||||||||||||||||||||||
|
O Reo está presente actualmente en case que tódolos tramos finais dos ríos importantes galegos: Eo, Masma, Ouro, Landro, Sor , Baleo, Sor, Mera, Xubia, Eume , Lambre, Mandeo, Anllóns, Tambre, Sar, Umia, baixo Miño... etc. En Galicia esta é a tabla de pesca nos últimos anos:
Os mellores exemplares están entre 38 cms. e 65 cms. con un peso entre os 500 grs e os 3 kgs. Por ríos levan a palma os ríos da Coruña como o Eume (616/2003) , Sor (628/2003), Tambre (274/2003), Grande (262/2003) , Mandeo (255/2003), Xubia (128/2003) e Anllóns (26/2003). En Pontevedra o mellor río é o Ulla (213/2003) , seguido do Umia (18/2003) e Lérez (16/2003) a moita distancia. En Lugo o Landro (112/2003), Masma (46/2003) e Eo (9/2003). No 2008 os ríos de máis capturas son o Tambre (401), o Grande do porto (363), Xubia (256), Mandeo (237), Sor (218), Ulla (186), Landro (92), Eume (43), Anllóns (64), Mera (43), Masma (23), Lambre (10)... ata 1.943 reos en total en Galicia- 2008. Non é abondoso. A tendencia parece ser a estabilización inda que hai ríos nos que a disminución é alarmante. Por regla xeral os pescados e analizados tiñan oito anos de vida, con seis no mar. Subiron catro veces a desovar. Os que teñan máis interés sobre estos datos sobre os reos poden consultar a Páxina do autor do libro xa citado, onde fala da súa pesca e outras moitas cousas. |
Ver os datos en Histórico de reos da Xunta de Galicia.

Sensacional reo pescado no río Narcea. A fotografía pertenece a este link. de Carmele G. Zanón. Xulio 2004