Este peixe está presente en algúns esteiros dos ríos de Galicia. Ten os ollos grandes e é transparente pola parte baixa da barriga.
Ollo a primeira aleta, xa que é moi espinosa. É un peixe pequeno, sobre 15 cms. e utilízase para pescar outros peixes máis grandes.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Alimentación | Desove | Inimigos |
| Interes | Vese nos meses de ... |
|
![]()
| Nome científico |
Atherina presbyter, Cubier 1829
|
| Nome galego |
Abichón, piardo, pexerei, piarda, pión, peixe - rei ( Portugal). No libro "Pescadores del río Miño" de Eliseo Alonso, tamén lle chama molcas. O parecer ese é o nome que reciben cando son pequenos e os pescadores preparan tortillas con eles...
|
| Nome castelán |
Pejerrey, Abichón
|
| Dimensións |
Talla media 14 cms.
|
| Identificación: |
Cabeza corta máis ben aplanada na nuca. A boca é amplia e moi oblicua. Ollos grandes.
Corpo fusiforme, redondeado na parte anterior e moi comprimido na posterior. A primeira aleta ten 9 radios espiñosos mentras que a segunda aleta o primeiro radio é espiñoso e o resto blandos.
A súa cor é verdosa, grisacea con reflexos metálicos. Todo o corpo ten un tono plateado.
É transparente pola parte baixa da barriga.
|
| Habitats: |
É un peixe de costa e todo máis penetra nas augas doces moi pouco.
É moi gregario xa que vive en bancos apertados e moi numerosos., prefirindo os fondos de area así como os esteiros dos ríos.
|
| Alimentación: |
Sobre todo aliméntase de plantas. Nos ríos tamén se acercan as orillas e buscan moluscos, insectos, etc.
|
| Inimigos: |
O abichón vese atacado polas lubinas.
|
| Desove: |
Entre abril e agosto. Faino tanto en augas doces como nas saladas. Madurez sexual o ano.
|
| Vese nos meses: |
Descoñezo o dato. Inda máis, agradecería que me comentasen onde se pesca en Galicia ou onde se ve. Supoño, por suposto, que únicamente se verá nos esteiros dos ríos galegos.
|
| Interés: |
Pola miña banda descoñezo este peixe, que vexo citado por primeira vez no libro "As montañas de Galicia" de Enrique Vélez Barrio e Mª Carmen Pereiro. Na páxina 54. Tamén o cita Estanislao F. de la Cigoña na páxina 159 do libro " Tódolos peixes de Galicia" O que si é certo é que a súa carne e moi apreciada e fai unha boa fritura, según dicen algúns libros. É moi coñecido na zona do Levante e na Costa Brava, consúmense fritos e mezclados con outras especies, o sabor, o parecer, é amargo.
|
![]()