Gambusia holbrooki. Gambusia. (Gambusia).
Procede do sur do EEUU.
Botouse nos ríos galegos para combatir o paludismo xa que é un gran devorador de larvas de mosquito.
Non ten valor gastronómico, é un peixiño moi pequeno, 5 cms.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Interés | Vese nos meses de | Protección |
| Curiosidades | Ver distribución en Galicia. |
![]()
| Nome científico: |
Fotografía de M. Fernández Cruz. Gambusia holbrooki ( Agassiz, 1859)
|
| Nome galego |
Gambusia.
|
| Nome castelán |
Gambusia.
|
| Dimensións |
Sobre 5 ou 6 cms. Ou sexa casi está a tamaño natural na fotografía.
Realmente é ben pouca cousa.
|
| Identificación: |
Dende logo é un peixe moi pequeno. Na fotografía ( de abaixo) trátase dunha femia ( na parte de arriba) polo ventre abultado. A boca é súpera, ábrese de forma completamente oblícua.
A aleta dorsal está un pouco desplazada hacia a cola. Presenta, o parecer, un dimorfismo moi grande toda vez que a femia é moito máis grande que o macho e co ventre máis dilatado. Ver a fotografía, evidentemente o macho é o de abaixo.
|
| Alimentación: |
Insectos de todo tipo. Ademáis come larvas de insectos que era o interesante.
|
| Habitats: |
Pozos, fosas, pantanos, tamén en augas salobres. En España está moi introducido en tódalas aguas lentas. Dice o libro "Atlas e libro roxo dos peixes de España" que falta na maior parte da conca do Miño, do cal dedúcese que en algunha parte do Miño o botaron.
|
| Desove: |
O nacemento das crías prodúcese de tres a cinco veces o anos, e trae sobre 60 crías.
|
| Vese nos meses: |
A verdade é que eu nunca vin este peixe, salvo en fotografía. Escríbeme Antón Pérez dende Ourense e dice que hai moitísima Gambusia na Lagoa de Doniños en Ferrol. Trátase, según Antón, dunha Lagoa de auga doce, e a Gambusia móvese por ela en grandes cantidades.
|
| Interés: |
Dende o punto de vista histórico, por suposto que ten interés. Pódese ter en acuario xa que a calidade que pide da auga é mínima.
|
| Protección: |
Non está protexido.
|
| Curiosidades: |
Foi importado do sur de Norteamérica para combatir a malaria producida polas larvas do Anopheles, xa que o parecer é moi voraz comendo mosquitos. Tamén foi importado por motivos ornamentais. En España está moi introducido en tódalas aguas lentas. Dice o libro "Atlas e libro roxo dos peixes de España" que falta na maior parte da conca do Miño, do cal dedúcese que en algunha parte do Miño o botaron.
|
| Gambusias actuando de pirañas: |
Gambusias actuando de pirañas:
Esto é o último que se sabe deste peixiños, pero é aterrador. Seica unha serie documental emitida en Madrid e feita por Álvaro Mendoza Productions, feito na primaveira do 2006, vese perfectamente na película como unha chea de gambusias depreda sobre rás comúns (Rana perezi); algunha das cales quedou reducida os seus osos en segundos. Na película vense os ataques sobre todo sobre individuos de rás recién metamorfoseados os que reducen en segundos. Incrible. Para que sigamos botando os ríos especies de fora, por pequeniñas que sexan... Información sacada da revista Quercus do mes de marzo do 2007.
|
![]()

|
GAMBUSIA. |
|