(Ata 12,5 cms. Normal 6 cms. É moi pequeniño).
É un peixe moi cativo, 6 cms de lonxitude, que sube do mar os ríos e pódese atopar no Miño por debaixo de Frieira, tamén no Eume, Umia, Sar , etc.
É un peixe do máis curioso. Ten pouco valor comestible e pouco valor na pesca, pero témolo nos nosos ríos e a nosa obriga é respetalo e coidalo para que non desaparezca.
Na fotografía o macho (parte de abaixo laranxa) e a femia.
O picón ou espiñento está en peligro de desaparición.


|
ESPIÑENTO |
|
Non é nada abondoso en Galicia. Atopouse nos ríos Eume, Umia , Neira e Ladra. Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997. Según a Sociedade Galega de Historia natural, atópase preferentemente nos ríos Miño e Sil, tamén no Limia e desembocaduras do Ulla-Sar e Umia. Recentemente falan do espiñento nun afluente do Avia, no río Cardelle. |
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Desove | Distribución en Galicia. |
| Interés | Ver dibuxo. | Ver fotografías incribles desove |
| Protección | Curiosidades |
|
![]()
| Nome científico |
Gasterosteus aculeatus. Linnaeus, 1758
|
| Nome galego |
O Espiñento , Picón.
|
| Nome castelán |
Espinoso.
|
| Dimensións |
O seu aspecto é exactamente o do dibuxo.
A súa lonxitude sobre 9 cms. Habita as concas dos ríos pequenas e moi pequenas (fosas dos prados, canais), ben salobre ou ben de auga doce. Non é un peixe migratorio.
|
| Identificación: |
O seu aspecto é exactamente o do dibuxo, a súa lonxitude sobre 9 cms.
As tres aletas espiñosas que leva no lombo penso que son definitivas a hora de identificar o espiñento. Na época do desove presenta esa mancha naranxa típica, pero soio o macho.
|
| Alimentación: |
Alimentase a base de insectos, moscas das pedras, miñocas, ovos de peixes e alevíns.
|
| Habitats: |
Habita as concas dos ríos pequenos e moi pequenos ( fosas dos prados, canais), ben salobre o ben de auga doce. Actualmente en Galicia soio existe na parte baixa do río Miño, no Ulla , no Umia ( co encoro adeus) e no Eume.
|
| Desove: |
Cando están en celo teñen unha forma de actuar do máis característico, xa que defende o niño moítisimo pero sin chegar a morte, fan toda una serie de cousas para asustarse, danzas, sacar as espiñas, de todo. Por certo neste momento pónselle a barriga vermella; son incríbles.
Ver fotografías incribles do desove e a explicación de todo o proceso.
|
| Interés: |
O espiñoso non é moi corrente nos ríos de Galicia. É moi pequeniño e non ten valor nada máis que para os salmóns, as troitas que lles gustan moito. De feito utilízanse como cebo, para a troita e o salmón, o mismo que para o bacalao si se trata do espiñoso que vive no mar.
|
| Protección: |
Ten pouco valor comestible e pouco valor na pesca. Pero témolo nos nosos ríos e a nosa obriga é respetalo e coidalo para que non desaparezca. En peligro de desaparición.
|
| Curiosidades: |
As súas espiñas pican moítisimo e creíase que producían a malaria, antiguamente. Na zona do río Limia , chámanlle picón, sobra decir o por que deste nome. Este peixiño vese pouco en Galicia, como non sexa nun acuario, onde non se recomenda máis de dúas parellas. Realmente un pouco triste. Estamos rematando con todo.
|
![]()