O escalo.
O Escalo ou Cacho era un ciprínido moi abundante nos ríos de Ourense e nos ríos galegos en xeral, hoxe é totalmente vulnerable.
Ten moitísima espiña e non é de moita calidade gastronómicamente falando.
O seu tamaño medio anda por 25 cms.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Alimentación | Desove | Ver a distribución en Galicia. |
| Interés | Vese nos meses de... | Protección |
| A súa pesca | Curiosidades |
|
![]()
| Nome Científico |
Squalius carolitertii (Doadrio,1987) Taxonomía:
Nota: sinónimos son o Leuciscus Cephalus cabeda Risso, 1827 e o Leuciscus carolitertii Doadrio 1987
|
||||||||||
| Nome galego |
Escalo. Tamén se chama Cacho. Cachizo. Xardo.
|
||||||||||
| Nome castelán |
Bordallo, Cacho, Leucisco, Cabezudo.
|
||||||||||
| Dimensións |
Ata 40 -50 cms, a media é de 25-30 cms. Pode chegar en peso ata 1,5 kg, o normal 200-300 grs..
|
||||||||||
| Identificación: |
Corpo alargado, cabeza grande e boca subterminal. O aspecto é moi característico, pero a súa librea, o seu lombo, cambia moito según os ríos: pode ir dende verde negruzco ou pardusco a verdoso ou obscuro.
É un peixe estilizado, co corpo afiado e as veces casi negro no lombo e ten unhas manchiñas negras o longo do corpo.
Escalo. Un tipo o máis corrente.
Escalo ou cacho do río Tea, cóstame máis identificalo con esta librea tan rara. Aparece no libro Inventariación piscícola de los ríos gallegos.
|
||||||||||
| Alimentación e hábitos: |
Estos peixes aliméntase de bichos do río casullo, pequenos anfibios, ovos, etc. Tamén mosquitos, moscas, etc. Moi gregario de xoven e solitario de adulto.En Galicia vive tamén nas correntes de non moita velocidade. A súa reproducción faina entre abril e xulio.
|
||||||||||
| Habitats: |
Poden vivir nos encoros de todo tipo, aguantan a eutrofización perfectamente, polo menos de momento. Tamén se atopan en ríos de correntes máis rápidas e dende logo son os mellores.
|
||||||||||
| Desove: |
A reprodución faina entre abril e xulio. Durante a freza, os machos mostran uns tubérculos nupciais moi característicos na cabeza e na parte inferior do corpo. Os ovos en número de 50.000 ata 200.000, dunhos 2 mm de diámetro son postos en augas moi baixas e terrenos pedregosos e de pedriñas ou arenosos. As larvas eclosionan entre 5 e 8 días e miden 4 mm, tras 1-5 anos o escalo pasa a ser adulto.
|
||||||||||
| Vese nos meses: |
Vense moítisimos nos meses de maio e xunio. Actualmente vense un pouco menos que fai anos.
|
||||||||||
| Interés: |
Normal. Son imprescindibles nun río. Están caendo moitos en mans do Bass un auténtico depredador dos escalos e outros tipos de peixe.
|
||||||||||
| Pesca: |
A súa pesca é bastante doada incluso para os novatos. Un cana , un sedal fino ( ata 500 grs o 1 kg de resistencia), o típico corcho ou flotador, un anzó do 15 ou 16 un bicho blanco ou o sasullo ( que se pode coller no mismo río) e vella a sacar peixes. Hai dende logo auténticos mestres que os sacan a pares... As veces entran a pluma. Fai pouco na desembocadura do río Bubal, no Miño, farteime de sacar escalos que por certo devolvía o río. Era tirar e sacar, non daba feito...
|
||||||||||
| Protección: |
Normal. Son moi abondosos. Son capaces de vivir en augas contaminadas e dende logo aguantan a eutrofización ( podrecen as algas) , moi común en Ourense no encoro por exemplo de Cachamuiña (no 2007 non hai nin o primeiro) e tamén no encoro de Castrelo de Miño. Según o libro recentemente publicado, febreiro do 2001, "Atlas y libro rojo de los peces continentales de España" está especie é vulnerable debido á introducción nos nosos ríos do lucio e a perca americana ( Bass).
|
||||||||||
| Curiosidades: |
Fai xa moitos anos vendíanse na praza de abastos de Ourense, tódolos días, o río Miño tiña miles e eran de bastante calidade, dende logo con moita espiña, hoxe cada día vense menos ou ningún. As razóns están claras: a contaminación galopante e os peces exóticos que botaron en Castrelo de Miño e outros lugares, rematan coa nosa especie autóctona. As carpas, carpins, Bass, e un longo etc que unha mente calenturienta botou nos nosos ríos, non teñen perdón... O da plaza de abastos pasou a historia.
|
![]()

Cacho do río Tea en Pontevedra.
|
ESCALO - PEIXE- CACHO |
| O Cacho abunda en moitos ríos de Galicia: Umia, Lerez,
Tea, Arnoia, Avia, Bibei, Neira, Ladra, etc.
Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997. |