PEIXES MAL VOTADOS EN GALICIA. |
En Galicia, como no resto de España, botáronse os ríos especies de fora: carpas, carpíns, black Bass, lucio, piscardo, gobio, gambusia, etc.
Un auténtico desastre que estamos padecendo e que padeceremos no futuro de forma incrible. Por poñer un exemplo, no encoro das Conchas (Ourense), un lugar fora de serie para os ciprínidos ou peixes, hoxe é unha autentica desfeita, xa que as carpas inundan este encoro. Mal que lle pese a chamada "FESTA DO PEIXE" de Bande en Ourense, que se terá que convertir en "FESTA DA CARPA" un desastre auténtico.
¿Quen ten a culpa?. Que máis dá. O mal está feito e seguramente os nosos políticos terían moito que facer... pero algúns, non saben máis... Un auténtico desastre, xa que actualmente un 38% das nosas especies son de fora. Estamos xogando co noso patrimonio natural e dende este punto de vista somos uns auténticos irresponsables.
- ¡¡ No nome da troita, entre outros peixes, a xente que botou estas especies soio merecen para mín un insulto, "camiñante mexa aquí, como diría Celso Emilio Ferreiro"...!
- Vexamos, por riba, estos peixes mal botados nos ríos galegos, unha auténtica ANIMALADA.
| Especie-Fotografia | Nome- Datos. |
|
|
A carpa.
|
| .......... | |
![]() |
Pez Gato.
|
| .......... | |
![]() |
Black Bass. Carpa
Americana.
|
![]() |
Lucio.
|
| .......... | |
![]() |
Troita arco
Iris.
|
| .......... | |
![]() |
Gambusia.
|
| .......... | |
![]() |
Piscardo.
|
| .......... | |
![]() |
Gobio.
|
| .......... | |
![]() |
Carpín.
|
![]() |
Perca Sol
|
En EEUU e Canadá, noticia do 15 de xulio do 2002, están cada vez máis preocupados polos efectos dañinos nos seus ríos das Carpas e dos peixes "cabezas de serpientes", chegados dende Asía e que están a rematar as especies autóctonas. Prácticamente xa están na conca no río Misisipi, a 40 km. do Lago Michigan, que conecta cós outros lagos americanos...casi nada.
Son peixes auténticamente depredadores, xa que a carpa por exemplo, chega a botar por riba dos 25 kg. e convírtese así en auténticos monstruos o que unha troita nada lles pode facer, por poñer un exemplo. Depredan todo, dende as ovas, alevíns, todo... En Galicia xa as temos, a milleiros, na cunca do Miño, Limia, Sil, e un longo etc. Somos únicos...
Repito, en EEUU e Alaska están preocupados. En España nada preocupados. En Galicia tranquilos... realmente de desastre.
Por certo, non creo que tardemos moito en ver en Galicia o "Pez serpiente", dicen que camiña por terra e todo, e trátase dun depredador nato... Seguramente, algún político deses "exóticos, sin puñetera idea", o bote nun encoro... para potenciar os mares interiores...e algún pescador dirá que é un peixe moi deportivo como o Bass,...e turran moito cando se collen, fai moita ilusión...habíanlle de turrar o pescador doutros lugares...é o que merecen os que botaron estos peixes e outros. ¡¡CAMIÑANTE MEXA AQUÍ!!
Nota: a frase de "Camiñante mexa aquí" débese a Celso Emilio Ferreiro, no libro Cimenterio Privado, fai alusión a frase en moitas lápidas do seu cimenterio particular, de auténticas salvaxadas...é un decir.