| O río Barbantiño foi un dos
mellores ríos de Ourense ata 1975 aproximadamente. Un auténtico
viveiro e reserva de troitas. Logo viñeron os vertidos todo tipo, a
minicentral xusto na famosa ferbenza do Barbantiño, con secas do río
e outras barbaridades, que o levaron a ser un río deprimente e sin
vida.
Fai pouco, no 2003, inténtase a recuperación, en primeiro lugar coa limpeza das orillas e facendo un sendeiro dende a Ponte da Estrada a Amoeiro ata a Ponte de Punxin. A limpeza e acondicionamento quedaron ben. Estas fotografías son unha boa proba do anterior. O río, de tódolos xeitos, quedou regular, falta vida, inda que atopei unha parella de mirlos acuáticos que son toda unha revelación. Tamén ten casullo e as ribeiras están sans. De tódolos xeitos a minicentral segue a facer das súas. Foi unha aberración. De súpeto sube 50 ou máis cms, e logo veña a baixar. Unha mágoa. Non vín troitas, outra mágoa. Tamén quedan vertidos dos pobos que habería que depurar...Pero por algo se empeza. O río é precioso. |
|
1 |
2 |