"RUTA
DA FERRERÍA E DA EDREIRA:
Chandrexa de Queixa. Ourense.
"23 Setembro de 2013"

Como chegamos?: comentario
Características da Ruta.
Fotografías.
Na fotografía
unha ponte que había na Edreira. Desfeita... Hoxe non queda nada
en pe do poblado que había fai anos, a capela desfeita, as
cuadras tamén, o muíño tirado, as vivendas as pedras... Foi todo
destruido. Os motivos desta esfeita podedelos ver
neste link.
Na Edreira hai
hoxe un refuxio de montaña; o parecer Medio Ambiente está pondo
pegas para que exista nese lugar. Descoñezo as razóns...
O lugar é
marabilloso e merece a pena.
|
Como chegamos. Comentario...

Mapa da zona dende Leboreiro ata
Queixa (hoxe Sta. Cruz), seguir a flecha blanca.
Dende Ourense cóllese a estrada que vai a Trives (OU-536). O
pasar Leboreiro (que está a 36 km. de Ourense)
seguimos, a dereita, pola estrada que vai a
Montederramo e Chandrexa. (OU-602). Unha vez pasado
San Fiz, ó baixar ó encoro de Chandrexa, coller a estrada
que fai circunvalación ó encoro e que vai os pobos de
Casteleiriña, A Quinta e Santa Cruz (Queixa).
Antes da Ponte que cruza o río de Queixa, hai
una estrada - camiño en moi mal estado que é o comenzo da
ruta; xusto onde está a Ponte de Santa Cruz que cruza o río.

Croquis da ruta sacada
do libro "Ourense Natural". No dibuxo hai tres rutas. Nós falaremos
da ruta (1).
Dende
este lugar ata a Ferrería hai 4 kms e dende a Ferrería a Edreira
6 kms. En total ida e volta son 20 kms.
A ruta
non ten perda sempre que sigades o camiño que vai a carón do río
de Queixa subindo a esquerda do río. Na Ferrería tendes
que pasar un regato o Torneiros que desemboca alí mismo no río
Queixa e subir por un camiño que leva ata a Edreira. O principio
un pouco retirado do río pero sempre vendo o río. A partires da
Poza Samión, o camiño sigue o río casi ata a Edreira. Antes de
chegar hai unha pista a dereita que leva a San Mamede, nos
seguiremos de frente.
A
Ferrería foi en tempos o que indica o nome, lugar para traballar
o ferro, hoxe non queda en pe casi nada. No lugar traballan no
bon tempo xente co gando.
Na
Edreira viviron non fai moito (1936-1968) algúns fuxidos
como o Mario (Mario Rguez. Losada "O Pinche", tamén chamado
Mario de Langullo) e parte da súa cuadrilla. No
lugar seica hai enterrados entre 4 a 6 fuxidos, pero non se sabe
onde; tamén a familia de Francisco Galán que lle deu cobixo e
que se supón, están tamén enterrados nunha fosa común na Edreira.
O gardar silencio de todo, neses anos, supuso a morte de
Francisco Galán e outros membros da familia así como a queima de
todo o caserío...
Ver este link.

Sacado do
Google Earth. A Edreira é un un val pequeno situado a
1024 m. entre montañas e bañado por varios ríos que van
todos o río Queixa.
No
croquis que está feito a escala hai outras rutas como a do
Teixedo, San Mamede e a que vai, que non está marcada,
ata Cabeza de Manzaneda. Nos temos que seguir a ruta (1).
O
río recibe varios nomes: por debaixo do encoro de Chandrexa
chámase río Navea, entre a Edreira e o encoro chámase río de
Queixa e por riba da Edreira chámase río da Edreira.
Volver.
--------------------------------------------------------------------------------------------------
Características da Ruta.
----------------------
Kms. ruta ida e volta:
20
Kms.
Dificultade:
media-baixa. Subida lixeira xa que se pasa de 920 m na Ponte de
Sta Cruz a 960 m. na Ferrería, e a 1030 m. na
Edreira. Pouca cousa para 10 kms... Sae unha pendente de 1.1%.

No perfil
vese perfectamente o desnivel que existe entre a Ponte
de Sta. Cruz e a Edeira. Tamén se ve o perfil do río
completo ata a súa desembocadura no río Bibei. Un río
corto, 42 kms., que nace novo e morre
novo...Un gran río moi mal tratado por todos en
particular polo encoro de Chandrexa de Queixa que o tuvo
seco dende o azud ata Central de San Cristobo moitos
anos, a por de protestar moita xente, eu fun un deles,
hoxe o caudal ecolóxico que deixa é para vivir as ras.
Menos mal que nese tramo hai hai un par de
regatos...
Señalización:
está desfeita en todo o tramo, os
letreiros que había xa non existen.
Posibilidades de perda:
poucas o río sempre vai a
esquerda no sentido da marcha ata a Edreira.
A situación é 42º
10,21´15¨¨ N 7º 25,46´ 54 ´´ O
Ollo na Ferrería:
hai que cruzar unha ponte, para salvar o regato de
Torneiros, e subir por un camiño en dirección contraria,
pero logo hai unha curva que xira a esquerda e no altiño xa
seguimos vendo o río Queixa. Tirar sempre de frente ou a
esquerda nos cruces, vendo o río no fondo ou a carón.

acado de Google
Earth vese a Ferrería e por onde hai que ir. Seguir a doble
flecha, para ir polo sendeiro.
Interés da ruta:
os bosques, de momento, son
únicos. O lugar, a Edreira, ten moito interés dende moitos
puntos de vista: paisaxístico, de natureza desbordante, ríos
limpos e con vida, histórico, etc..
Altura da Edreira:
1020 metros. Trátase dun lugar recollido e abrigado, ata certo
punto, único na montaña. Os invernos na Edreira deben ser de
armas tomar...
--------------------------------

O río Queixa é marabilloso. Nas beiras
atoparedes acebos, capudres, pradairos, cerquiños, laureis e outras
especies de árbores.
Unha mágoa que o ano pasado 2012 arderá
o monte e as cinzas estropearan bastante o rio.

Os capudres (serbal de los cazadores
en castelán) abundan ata a Edreira.

É unha mágoa que toda a parte dereita do
río estuvera queimada (ardeu o ano pasado) . Río de Queixa o pasar a
Ferrería. Observar a parte esquerda do río (dereita da fotografía)
por onde vai a ruta a Edreira cunha vexetación marabillosa e
frondosa.

Ponte desfeita na Edreira. Río de Queixa.

Esta fotografía é da Edreira, o
río inda levaba auga para ser finais do mes de setembro. Na Edreira
xuntanse varios ríos. Esta fotografía está sacada no río de
Cabrociños. Da gusto ver un río limpo e con vida. Nesta zona o río
está vedado de pesca. Ten troita pero pouca...

S
Sacado do Google Earth. A Edreira é un
un val pequeno situado a 1024 m. entre montañas e bañado por varios
ríos que van todos o río río de Queixa.
Nota curiosa 1: na Edreira en 1956
había un caserío con bastantes casas, logo foi todo queimado e
destruído. Ver o voo americano actualmente publicado con fotografías
do ano 1956.

Voo americano 1956

50 anos despois...Voo español 200?.
Nota curiosa 2: O
feito de que o Mario (que había nacido en Langullo ( Cesures),
fora a vivir a Edreira non é tan raro cando se fai esta
excursión. Non é fácil chegar a ese pequeno val, únicamente
vindo dende a Ferrería; ou baixar dende San Mamede, nada
doado por certo, ou baixar dende Cabeza de Manzaneda,
misión moi dificil. Un bon escondite...Naqueles tempos na
Edreira había de todo, sobre todo tendo axuda...
Esto explica tamén
o campo de acción deste fuxido na zona, ver este mapa:

Mapa por onde se movía Mario de Langullo.
No mapa está situada a Edreira
Volver.
|