Camiño da Edreira
(Chandrexa
de Queixa-Ourense)
23 de Setembro 2013.

Aproveitamos un día de setembro
marabilloso para facer a ruta dende a Área Recreativa do río
de Queixa, preto da Ponte de Sta Cruz, pasando pola Ferrería
e chegando a Edreira despois de andar casi 10 kms.
Pola tarde regresamos.
O final 20 kms.
A verdade que mereceu a pena,
a pesares dos incendios que debastaron a marxe dereita
do río de Queixa que ardeu ata a cima da montaña; este
rincón de Ourense é entrañable.
Seguro que no outono,
cando os pequenos regatos levan auga, e as árbores póñense
de cor ouro é máis bonito...pero ¿quen se anima, despois de
chover un pouco?.
Na fotografía vese a parte esquerda, que
inda se conserva, e por onde vai o camiño da Edreira. Un
bosque único e ben conservado hacia o río; o outro
lado pinos a maioría, está queimado en moitos lugares.