Schubert:

A troita,  quinteto para piano e  cordas

 

Deus pudo, sin dúbida, facer algo máis fermoso que a troita. Pero non o fixo. (Botheler) Ríos como este seguro que inspiraron a Schubert a súa gran composición "A troita quinteto para corda e piano".  Troita escoitanto a música e a punto de sacar a cabeza, según dice o meu amigo Juan José Moralejo.

A música que pódedes escoitar no video é de Franz Schubert "La trucha, quinteto para piano y cuerdas. Op. 114". Nada menos que o gran compositor Schubert dedicou unha obra memorable a nosa troita, dona e señora dos ríos galegos. Trátase do cuarto movemento, un "Andantino-Allegreto", que se atopa na tonalidade Re Maior.

Sobre esta música dice Juan José Moralejo, no libro "As troitas miñas señoras" 2ª edicción. Galaxia 2005 :

"A troita, o quinteto para corda e piano de Schubert, unha xoia, un agarimo de música na que fica ben probada a calidade do músico  e ben homenaxeada  a excelsitude da troita; é unha música tan boa que podemos facer a proba de ir pola beira do río asubiándoa e veredes cómo as troitas tiran a cabeza fora da auga para a escoitar..."

 

Concierto de Musica de Camara. Ciclo "La Scala Fuera de La Scala". Biblioteca Nacional, Domingo 8-11-09
Alicia Belleville (Piano), Rafael Gintoli (Violin), Verónica D' Amora (Viola), Jorge Bergero (Cello), Hernan Maisa (Contrabajo)
 

Soio decir,  pola miña parte: ¡que é certo! . Agora entendo por qué  meu amigo Hilario (que é "profe de música"  e pescantín  ou quizais ó revés...) é tan bon pescador.

 

 Juan José Moralejo morreu en maio de 2012. Esta música é a miña dedicatoria a un home amante dos ríos galegos...

 Onde estés amigo: ¡gracias, moitas gracias.!

¡Gustaríame que nese lugar houbese uns ríos marabillosos!.

 

Hoxe, día 21/06/2012 fixen este video que che dedico de corazón:

 

 

 

Trátase do Quinteto da troita de Schubert pero con imaxes dos teus e dos meus ríos.

¡Espero que che guste!

salir.jpg (922 bytes) Saír