Tala de árbores no río Lonia. Outubro do 2006.

¡ Realmente incrible a desfeita!

Realmente sorprenden estas barbaridades. Outubro 2006.

Penso que a tala de árbores nun río calquera é unha cuestión moi seria e debería realizarse por persoas moi cualificadas.

Unha árbore é un ser vivo fundamental para un río.

O río Lonia é un afluente do río Miño en Ourense. Un río que estaba pedindo unha limpeza integral, pero non de árbores por suposto.

Fotografía do ano 2002.

Fotografía do ano 2006. Penso que hai demasiada limpeza de árbores...

Fotografía do ano 2002.

Fotografía do ano 2006.

 

     O certo é que o día 29 de outubro do 2006 quedei impresionado da desfeita feita no tramo baixo do río Lonia en Ourense. En principio aplaudín a pequena limpeza que se observa no río, pero máis tarde vín que se cortaron unha cantidade de árbores que non viña a conto.

Penso que a Consellería de Medio Ambiente debería solicitar o Concello de Ourense ou a Confederación Hidrográfica, a quen corresponda os proiectos de estas desfeitas, xa que é evidente,  observando as fotografías,  que están facendo auténticas barbaridades.

 

 

Na fotografía do SIGPAC vese un tramo do río Lonia en Ourense, afluente pola dereita do río Miño. Na fotografía están marcadas en bermello as zonas onde observei máis talas indiscriminadas de árbores e tamén onde saquei as fotografías que aparecen no album posterior.

A tala impresiona a calquera que sexa amante da natureza...

 

Ver fotografías da tala no río Lonia.

salir.jpg (922 bytes) Saír.