Troglodytes troglodytes.

Carrizo.

O carrizo carriceiro,

o carrizo carrizón.

O carrizo pequeneiro,

do tamaño dun botón!

 

O carrizo fai un niño

moi redondo, ben lousado,

O carrizo pequeniño!

O carrizo carrizado!

 

O carrizo fai a casa

ben lousada, ben cuberta.

E a choiva non a pasa

anque ten a porta aberta!

 

O carrizo carriciño!

O carrizo carrizota!

O carrizo fai un niño

semellante a unha pelota!

Manuel María, o poeta a que se lle dedica o día das letras galegas de 2016.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.