Castiñeiros vellos e outros. Fotografías

 

       

Apartado aberto no que irei poñendo fotografías de castiñeiros vellos ou raros.

Ver fotografías (Secundino Lorenzo).

  Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías

Grupo de fotografías non cerrado. Nelas aparecen castiñeiros en distintas fases da súa vida.

As fotografías están sacadas en Calvos e en Vilasouto no entorno do encoro deste nome, O Incio (Lugo). Agosto 2014,

Castiñeiro queimado seguramente por un raio nunha tormenta. O sos é dramático...

Castiñeiro enorme e cunha caracocha espectacular, en forma de oito. Está sacada a fotografía nun souto de Calvos (O Incio-Lugo). Farei a misma fotografía no autono, penso que pode ser espectacular...

Xa fixen a fotografía do outono.

 

Este castiñeiro tuvo mala sorte e quedou nas augas do encoro de Vilasouto, o castiñeiro parece berrar por estas cousas. Claro que tamén pode ser un peixe saudando. Gustaríame saber ó que ve o meu neto Aldán, preguntareillo...

 Os encoros hai que limpalos de árbores antes de anegar. Logo pasa o que pasa coas eutrofizacións e outros...

 

Castiñeiro a carón do río Lor. A min a caracocha paréceme a un cabalo coa cabeza para arriba. Por suposto tamén un lobo dando conta dun cabalo...Salcedo. O Courel.

 

Castiñeiro cunha peculiaridade curiosa, nel naceo outra árbore distinta. A semilla polo aire caeu neste castiñeiro. Seguramente un sabugueiro. A fotografía é de Chema Fernández.

Castiñeiro queimado e botando os mans a cabeza...

 

Outro castiñeiro  que ó colleu o encoro.

Parece unha catedral gótica feita nun outeiro...

 

Incrible árbore mezcla da loita dun castiñeiro e unha trepadora como a hedra ou areira. De momento gaña o castiñeiro, xa que fai anos que está parecido. Esta árbore está  xustamente a carón do campo da festa de Vilasouto, no encoro do mismo nome.

 

Un castiñeiro que parece lamentarse...O meu neto Aldán, ten cinco anos, é seguro que xa ve un dinosaurio. Eu penso que é capaz de dar o seu nome...

 

Outro castiñeiro que parece lamentarse e ensina as súas garras e unha calavera curiosa...Esto seguro que para Aldán é un mostruo...

 

Este castiñeiro ó  que tamén lle afectuo o encoro,  parece defenderse cós cornos...

Esto é unha cabeza de dinosaurio...

 

Raro, moi raro xa que do seu pé saen tres...Tres fillos. Os tres floridos.

 

Está claro. Parece que nos fai a puñeta...

Pero non...

Visto este castiñeiro dende outro ángulo,  parece levantar os brazos e rendirse ou pedir axuda por tanta falcatruada que estamos a facer cos bosques e en xeral coa natureza...

Fotografía 2017. Encoro de Vilasouto.

Detalle da fotografía anterior. Estos castiñeiros que non foron tratados no seu día, nesta zona hai moitos, co paso do tempo semellan calquera cousa. Este é curioso semella un animal ferido...

E non digamos este...Fotografía de xullo de 2017.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías no outono.

O castiñeiro do oito, fotografía do 18(11/2014. Vilasouto o Incio.

 Subindo a "Escontrela". Foto Secundino Lorenzo.

 

Volver.