MUÍÑO de Luis Cuíñas "O muiñeiro".

         O muíño de Cuíñas (en realidade o Muíño era do seu avó que era o Muiñeiro, José Cuíñas e os seus irmáns  rehabilitárono) é o mellor muíño que coñezo actualmente en Galicia. Está situado no río de Sta. Lucía, un afluente do río Deza na parroquia de Prado, en Lalín. O muíño aparte de ser realmente grande,  nunha sala reune si non me equivoco 7 moas completas,  está moi mecanizado e ten moitas axudas de tipo eléctrico. É marabilloso.

O muíño primitivo tiña tres moas, hoxe ten sete.

O muíño é privado. O seus propietarios son os netos do antiguo muiñeiro.

Estas son algunhas fotografías que saquei o día da miña visita, maio do 2010:

O muíño ten habilitada a casa do Muiñeiro a esquerda. O lugar é marabilloso.

Monumento o muiñeiro.

Sete muiños completas coas súas moxegas e todo o que fai falta para moer con cargadores con andamios e mecanizado. Unha auténtica marabilla. Seis están dedicados a moer trigo e un máis a moer centeo e maíz.

O sistema ten ata extractor de aire para que o muiñeiro esté cómodo e os seus pulmóns non se resintan... Pode moer nunha hora entre 2000 e 3000 kg. de fariña.

O muíño foi construido según reza esta placa en 1918 por Luis Cuiña "O Muiñeiro". Na segunda placa aparecen os fillos de Luis: José, Eladio e Ramón que lle dedican esa placa o seu pai. Na outra placas os netos, dos que José Cuíña era un deles. José Cuiñas morreu recentemente (decembro de 2007).

Outra vista da moxega e todo o sistema.

O río Sta.Lucía o pe do muiño, ver na parte de arriba todo o sistema para levar a auga os muíños, unha obra de inxeñería. Este río é un afluente do río Deza.

Gracias a Julio Taboada Pájaro, compañeiro de pesca,  por acompañarme na visita deste muíño, realmente eu non tiña coñecemento da súa existencia.

Ver un video moendo (25400 kb).

salir.jpg (922 bytes) Saír.