
Na fotografía o río vai polo fondo e deixou estas augas
que son un cilanquiño, na súa crecida.
Un cilanquiño,
si falamos dun río, son charcos que deixa o río nas orelas ao
retirarse esas augas das enchentas, tamén o cilanquiño e a auga que queda no
fondo cando se seca.
Esta palabra
aparece mezclada con outras en galego nunca poesía de Francisco de Fientosa
que poño a continuación:
A POESÍA EN GALEGO DE FRANCISCO DE FIENTOSA
Río: si ti foras prado,
eu sería canta
no teu esmaraño.
Prado: si ti foras río
eu sería estrela
no teu cilanquiño.
Nin río nin prado:
Veleí vai o día
sin treu nin engazo.
A palabra non aparece no dicionario de galego, pero si a
palabra cilanco en
castelán e xustamente con esa definición. Entendo que cilanquiño é un
cilanco pequeno.

Na fotografía o río vai detrás da cámara, deixou estas augas
que son un cilanquiño ou cilaco, na súa crecida.
Saír.