Son dipteros pequenos e robustos
que viven pegados no fondo do río.
No dibuxo figura co número 17,
péganse o fondo do río. Teñen unha coroa de pelos coa que filtran as
partículas en suspensión coas que se alimentan.
Os simúlidos aliméntanse de follas
en descomposición, etc.
As larvas viven fixadas a todo tipo
de sustratos pero particularmente sobre macrófitas. Peganse
materialmente gracias a que no extremo posterior do abdomen funciona
como unha ventosa.
No estado de pupa, recordar que
os dipteros teñen catro estadios ovo, larva, pupa e imago, pois ben no
estado de pupa construen estuches de aspecto corneo. Neste estadio son
fácilmente recoñecibles xa que sacan unha especie de cornos que son
filamentos respiratorios.
Os simúlidos son entre outros os
chamados fragmentadores do río.
Pense o lector a cantidade de
materia que cae o río, sobre todo cantidade de follas. O final todo se
descompón e a vida sigue...
No dibuxo sacado do libro
"A natureza dos ríos e ribeiras de Galicia" de Victor M. López e Miguel
A. Fernández vese varios simúlidos pegados o leito do río e onde se ve
perfectamente a coroa coa que filtran os alimentos.
Hai tamén nunha www sobre os
invertebrados outro dibuxo interesante:
Trátase polo tanto de larvas
que logo darán lugar os dípteros correspondentes e que están pegadas o
leito do río con diferentes formas de comer.