A fervenza de Augacaída e o Castro de Marce

Coordenadas GPS:     42.51564  ,  -7.70367

Coordenadas de onde empeza a ruta, ou sexa onde se deixa o coche.

 

A fervenza chégase doado, dende a Guitara coller a estrada que vai a Marce, a Lu-P-4107. A 2.3 km. deixades o coche e a camiñar.

 

Si seguistes unha ruta de tres partes, que puxen na web de Calvos-Vilasouto, esta ruta é a terceira parte. Suponse que comestes na Rectoral de Castillón. Dende ese lugar e pola estrada comarcal Lu-P-4111 hai 7 km. ata a Fervenza de augascaidas. Vamos que non hai perda posible. Ver o mapa.

No mapa-dibuxo, do principio,  está o Castro de Marce do que fala a famosa lenda das "Xacias de Marce" e  tamén o sendeiro que nos leva dende a estrada que vai dende o Alto da Guítara ata Marce (en amarelo). Onde pon Km. 0 comenza a andaina (de cor verde e amarelo). O que se ve é o río Miño no encoro dos Peares, concretamente a 7 km. da Presa. Hai duas posibilidades de facer a ruta según que no km 1.2 onde está unha antigua bodega sigamos ata o Castro de Marce que son 600 m. máis, ou ben se baixe, a esquerda,  500 m.  á fervenza de Augascaídas;   e logo o volver  facer o sendeiro ao Castro de Marce. Vai en gustos.

A este sendeiro tamén se chega dende Ferreira de Pantón, ao sair camiño de Escairón, a 4 km. cóllese a estrada a Marce e o pasar este pueblo a 500 m. xa se ve indicada a dereita a ruta a seguir.

Fervenza de Augascaídas. Fotografía de Julio Taboada Pájaro dende a parte de abaixo.

Fervenza de Augas caídas e mirador xunto a fervenza. Na fotografía o meu amigo Julio T. Pájaro que fixo a ruta conmigo. Foto S. Lorenzo.

 

Fervenza de Augacaída. Foto Secundino Lorenzo.

A fervenza de "Augacaída" está formada polo río Aguianza. Este regato, o regato de Aguianza, nace en Trasouteiro, entre os pueblos de Pereiro e de Nadal,  a 570 msnm. no Concello de Ferreira de Pantón (Lugo). Ten mais ou menos sobre 8 km de longo. Desemboca, despois de recibir dous regatiños máis o Cernadas e o Calve,  facendo unha fervenza espectacular, no encoro dos Peares, cerca do pueblo de  Marce (parroquia de Vilar de Ortelle), enfrente, no outro lado do río Miño,  do pueblo de Paradela (Municipio de Carballedo-Lugo), por riba dos Peares sete km.. A Fervenza é moi espectacular e chámase de "Augascaídas" e ten aproximadamente 40 m de altura. A fervenza chégase doado, dende o alto da Guítara, na estrada de Ourense a Monforte no mismo alto xa está indicada, Ver o debuxo, ata onde empeza a ruta hai 2,3 km. dende o Alto da Guítara. Logo a fervenza hai 1,7 km.  A ruta ten moito valor xa que está rodeada de carballos, espiños, érbedos, cerdeiras,  entre moitos socalcos onde houbo plantacións de cepas e onde inda se ve algunha que outra cepa vella que demostra que na zona cosechábase viño. Fantástica e cuidada ruta...Ollo que non medren algunhas mimosas que se van en algún tramo.

Fotografía da Fervenza de Augacaída. Na fotografía aparece Julio  o amigo que fixo o camiño conmigo. Foto Secundino Lorenzo.

Para baixar a fervenza son 500 metros que teñen de todo, escaleiras de madeira, zonas como a da fotografía, e zonas de rochas e pedras. Hai que ir con moitísimo cuidado, sobre todo si chove é moi peligroso. Na fotografía  meu amigo Julio, mostrando un pau que axuda moito a baixada.  Ten ademais un desnivel moi grande. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Na baixada hai lugares peligrosos, sobre todo con choiva. Está claro na fotografía.

Zona de escaleiras de madeira. Esta é a parte máis cómoda e segura. Dende o principio a baixada é dun 30%.  Hai que ir con moito cuidado. Foto Secundino Lorenzo.

 

Xa na fervenza hai un mirador. Espectacular ferveza. A auga cae a cachón dende preto de 40 metros, dende unha atalaia de rochas impresionante. Fotografía de Julio T. Pájaro.

 

Esta é a mellor foto que atopei en internet desta fervenza. Aparece firmada por Luisa o 30/04/2020. Si me escribe poño o nome completo. Este é o meu email.

O regato Aguianza,  ten antes de entrar no encoro dos Peares como 200 metros.

Neste punto do sendeiro, a 1,2 km. do comenzo hai esta casa bodega, por certo inda tiña pipotes dentro;  a esquerda baixamos a fervenza a 500 m. e de frente  ao Castro de Marce a 600 m. A fotografía esta tomada dunha web de Wikiloc e que firma Trota-Montes.

 

O Castro de Marce está situado ao final da ruta  a 1,8 km. do comenzo. O camiño é moi bonito, moito máis suave que a baixada a fervenza,  e o Castro chégase perfectamente, salvo ao final que é complicado subir si está chovendo. Do castro soio se conservan muros e non foi escabado nin estudiado de momento. O castro está situado nun promontorio rocoso que se chama Regata do Inferno e está elevado uns douscentos metros sobre o río Miño. Seica tiña unha posición estratéxica como vixianza do porto de Chouzán, un embarcadeiro que lle chamaban Porto Monsulio na orela oposto en Carballedo.

Estas son as duas mellores fotografías que atopei en internet do Castro de Marce,  terei que volver para sacar estas e outras fotografías:

Castro de Marce. Fotografía sensacional de JR Casan.

Outra bonita fotografía, río Miño desde el Castro de Marce,  neste caso de José Martínez. Nesta zona é onde estaba o pozo das xacias, lenda que poño a continuación.

 

Hai un video, moi bo, sobre esta ruta, de "Roteiros de Galicia", onde se pode ver a dificultade da baixada á fervenza, a súa beleza e tamén parte da ruta ao Castro de Merce. Nesta video vese do outro lado do río Miño a Igresa de Santo Estebo de Chouzán,  de estilo románico,  que foi trasladada cando fixeron o encoro. O video parte do pueblo de Marce e logo fai a ruta da fervenza e do Castro.  Este é o link. Felicitar pola miña parte os autores do video e das fotografías marabillosas...

 

Copio finalmente unha lenda, "As xacias de Marce",   do libro "A flor da auga" de Xosé Miranda e Antonio Reigosa, publicado en Xerais  no 2006.

 

Aquí tendes tamén unha bonita lenda do Castro de Marce, chámase a lenda das "Xacias de Marce"

Lenda das Xacias de Marce

       Unha rapaza de Marce estaba de criada na Míllara. E resulta que a mandaban moitas veces ir coas ovellas de cara a Castelo, e non sei si o sabedes, pero hai alí unha figueira, que lle chamaban a figueira do Castelo, que daba unhas béveras negras, moi negras, que ningún paxaro nin bicho as comía, e a pé da figueira no río, no Miño, un pozo fondísimo. Agora que fixeron o encoro dos Peares, a figueira quedou debaixo, que de seu morrer non morreu. Era moi rara, follas como nada e ramas delgadiñas, e mala cara, todo béveras negras. E a o pozo non se lle vía fondo nin de día. Estaba alí a rapaciña coas ovellas e viu saír do río unha cousa rara, mitade peixe e metade persoa, que se sacudía e se poñía a subir polo souto arriba. Colleu tal medo a rapaza que nunca máis quixo volver ao sitio, e non volveu.

 

Dibuxo que aparece no texto de Xacias, do libro "A flor da  auga" de Xosé Miranda e Antonio Reigosa.

Por certo o meu email é mailto:slorenf@gmail.com por si os autores teñen algún inconvinte ou queren modificar calquer cousa deste texto copia.

 

     Pero outro día andaba un señor da Míllara pescando no río, e aparecéuselle unha rapaza guapa e nova como nunca vira ningunha, Saíu do río, sen máis. O home asustouse, mais ela díxolle que non tomara medo, que era unha xacia encantada, e que se a bautizaba, desencantábaa e casaba con el.

     Así se fixo e o matrimonio foi moi feliz. Tiveron sete fillos, que andaban seguido metidos nos regatos e pozos do río, no verán e no inverno. En canto tiñan tempo, á auga!. O pai reprendíaos moitas veces por este motivo. Tanto se fartou de que andasen lacazaneando na auga en vez de axudarlle cos traballos que un día díxolles:

  -Ídevos de aquí, fillos dunha xacia!

      A partir dese día as cousas non foron ben no casal. Non só se levaba mal o pescador cos fillos, senón tamén coa muller, e finalmente ela un día abandonounos e volveuse ao río. Pero tivo a mala sorte de que as outras xacias non a admitiron, porque era cristiá e esnaquizárona coas súas propias mans. O pobre do home, que a andaba buscando, chegou a tempo de ver o seu corpo en anacos flotando nas augas do pozo.

      Pasou un tempo e unha nena pequena de Marce, da casa da Cantesa, que nada sabía diso, adoitaba ir co gando, dúas vacas e catro ovellas, ao monte do Castelo e baixaba polo souto. Todos os días ía visitala unha xacia e acabaron por facerse amigas, pois a muller acuática agasallábaa cun pano cheo de carbóns que se volvían onzas de ouro ao chegar á casa. Ora, eso si, advertíalle que non llo dixese a ninguén, e menos que a ninguén aos seus pais, porque se non habíao pagar caro.

      A nena aguantou un días pero á fin, ante as preguntas dos seus parentes, non lle quedou outra que contar o segredo. Ao día seguinte volveu como sempre ao Castelo. Xa non regresou. O pai, desesperado, botouse ao monte a ver se atopaba viva ou morta. O gando estaba alí, pero a Sabeliña non aparecía, por máis que berraba por ela.

   -Sabeliña, Sabeliña!

   Xa volvía o home resignado para a casa, pensando en xuntar os veciños, e dar unha batida, cando pasou xunto ao curuto do monte, sempre berrando:

   -Sabeliña, Sabeliña!

   Daquela oíuse unha voz que lle decía:

   .-Sabeliña, Sabelón,

     fritida está en aceitón.

--o--

Outras web sobre o mismo tema:

Gústame moito todos as web de Miniontour, esta vai exactamente sobre a fervenza de Aguacaída  e tamén o Castro de Marce. Noraboa.

Non deixedes de velas, fotografías espectaculares e moi bon o texto.

Ten ademais un video, onde pode verse que se chega doutro xeito, neste caso en barca.

Esta é unha mostra. Fotografía de MiniOnTour. Espectacular.

A parexe de Minions son típicos do seu traballo. Simpáticos Minions.

 

Outra fotografía de MiniOnTour espectacular, neste caso do Castro de Marce.

Repito o seu traballo é marabilloso. Noraboa.

 

 

galicia.gif (2685 bytes) Volver a  sendeiros.             galicia.gif (2685 bytes) Volver a rutas río Miño

 

galicia.gif (2685 bytes) Volver a xoias da zona. Calvos-Vilasouto