Inicio na Labrada debaixo da ponte da estrada de Monforte o Barco - N- 120.
Coordenadas 42º 30´ 33.48 " N - 7º 20´ 40.05 ¨O
Coordenadas Google Earth: 42,5093-7,344458
É moi doado chegar a ese lugar xa que antes da Labrada baixa a dereita, vindo de Monforte, unha estrada que vai xunto a ponte (vese no mapa seguinte). Un bon lugar para deixar o coche. Por suposto si vos pasades tamén se pode entrar máis adiante a esquerda.
A ruta non ten problema ningún e seguir o río Lor río arriba a dereita do río. Hai dous malos pasos, marcados na ruta con puntos blancos, nunha presa onde tendes que volver para atrás ata a ponte que aparece na fotografía e logo seguir ata iglesia e logo a pe de río. Tamén máis adiante hai outro lugar que para pasar habería que buscar unha escada que non recomento. O mellor volver atrás e subir o sendeiro.
A ruta é marabillosa no aspecto da paisaxe e no aspecto botánico. Son 4 kms de subida e logo volver o mismo lugar, outros 4 kms.
Tamén ten valor etnográfico xa que no tramo tendes unha antigua ferrería ?.
Interés paisaxístico, etnográfico, e botánico.
Dificultade: media.
Recorrido: lineal