MUÍÑOS DE VILAMEA. LOBIOS

O lugar é espectacular. O río Vilamea nesa zona ten doce muíños moitos deles rehabilitados.

A ruta pode facerse por exemplo subindo pola marxe esquerda hai unha ponte no lugar de partida para pasar o outro lado, ata outra ponte que hai máis arriba a 1.5 km. e logo baixar polo outro lado. Non é peligrosa a ruta pero hai que ir con cuidado.

Coordeanadas de inicio ruta: 41º  52´ 26.44 " N  -  8º  05´ 44.71" O  - 437 m altitude.

Coordenadas Gogle Earth: 41,874011-8,095752

A ruta é espectacular e moi recomendable. o río Vilamea está preto de Lobios e concretamente na estrada que vai de Lobios a fronteira portuguesa de Portela do Homen (OU-312) . Antes de chegar o Balneario de Lobios hai unha estrada a esquerda que pon Vilamea, esto indo de Lobios a fronteira. O chegar a Vilameá cóllese unha estrada que sube ata o comenzo da ruta a 500 metros, está marcada o comenzo da ruta. Coordenadas 41º  52´ 26.44 " N  -  8º  05´ 44.71" O  - 437 m altitude.

Logo comenza a ruta cunha ponte que eu penso é mellor pasar o outro lado, ou sexa a dereita do río e subir,  súbese ata unha ponte a 1.5 km. e a 541 m ou sexa que hai unha subida interesante pero a ruta é corta. Esta ruta ten para visitar 12 muíños restaurados polo Parque Natural. O final do camiño o cruzar unha pasarela hai un colmenar a 450 m pero a dificultade para subir é alta. Eu non subín.,..

Esta ruta ten gran importancia paisaxística e etnográfica.

O río Vilamea é un afluente do río Caldo que a súa vez desemboca no Limia, no encoro de Lindoso, por suposto todo esto en Ourense.

Interés paisaxístico,  etnográfico e botánico.

Dificultade: baixa.

Recorrido: circular

 

Fotografías da ruta.

salir.jpg (922 bytes) Saír