AS POZAS DE MELÓN

2ª Poza de Melón. Espectacular. Está situada a pouco máis dun km. do inicio.

A ruta comenza onde se indica, na antigua estrada  de vigo a Ourense, unha vez que se colle o desvia que pon Melón cando se vai pola A52 despois de pasar Ribadavia si se vai nesa dirección o despois de pasar A Cañiza si se ven de Vigo. Non ten perda.

Coordeanadas de inicio ruta: 42º 15´ 58.18 " N  - 8º  12´ 21.75 " O  . 420 m de altitude.

Coordeandas google Earth:  42,266161-8,206041

Ollo que o final está xustificado, soio é un km. de ruta e poden verse as dúas pozas unha xusto debaixo da estrada A52 (unha mágoa o proxectar a autovia) e outra máis arriba, pero non hai sendeiro definido, aquí trátase dun carreiro que hai que subir (pásase de 420 m a 488 m en 1 km) pouco a pouco e non é para calqueira. Fai anos que non fago esa ruta, fíxena moitas veces xa que é espectacular e o mellor hoxe temos sorte e xa hai sendeiro. Teño as miñas dúbidas do anterior.

O río Cerves nesta zona é un auténtico espectáculo da natureza, unha mágoa que este totalmente da man do Sr. con verquidos as veces indeseables (hai unha granxa e unha canteira nun regatiño que desemboca máis arriba e de cando en vez soltan de todo) e unha minicentral máis abaixo que clama o ceo.

Eu sempre o dixen o lugar, xunto coas fervenzas de Tourón que quedan máis arriba e toda a zona ata a desembocadura no Miño debera ser declarada de Protección Oficial fai 50 anos. É toda unha marabilla, pero os gobernantes que temos deixan moito que desexar e non ven estas cousas.

Interés paisaxístico e botánico.

Dificultade: alta.

Recorrido: lineal

 

Ver fotografías destas pozas.

salir.jpg (922 bytes) Saír