POZOS DOS FUMES. RÍO ARENTEIRO.

Ponte sobre o río Arenteiro a 500 metros da Ponte Medieval do Avia en Pazos de arenteiro

A ruta non ten perda hai que pasar a ponte Medieval do Avia e coller río arriba polo río Arenteiro, pasando pola ponte da fotografía anterior para o outro lado do río Arenteiro que é onde hai feito o sendeiro. Ou sexa subindo a dereita do río. O Pozo do Fumes está a 1.5 kms. e o final da ruta a 3 kms. polo menos cando eu a fixen, xa fai máis de doce anos...

Coordeandas de inicio de ruta:  42º  23´  43.84 " N  - 8º  08´  35.82 " O

Coordenadas Google Earth:  42,395511- 8,143283

Para facer esta ruta hai que achegarse a Leiro (Ourense) e logo coller a estrada a Pazos de Arenteiro, Salou e Albarellos. A poucos kms. veremos a ponte medieval sobre o río Avia. Nese lugar comenza a ruta, pasando a ponte para o outro lado, ollo que non moi fácil pasar a ponte, xa que está en malas condicións. Seguidamente non outro lado súbese polo río Arenteiro que desemboca precisamente nese lugar no río Avia.

A 500 metros hai unha ponte que cruza o río Arenteiro e xa sigue a ruta sin perda. Merece a pena pola flora e o bosque de ribeira da zona. Hai tamén uns muíños na ruta e por suposto o pozo dos fumes, fácil de ver porque se chama así...

A partir dese pozo sigue a ruta un km. que merece a pena xa que o río vai encaixado e con moito tiro e resulta espectacular, pero xa non é tan fácil subir, polo que algúns optarán por finalizar a ruta neste pozo.

Interés paisaxístico e etnográfico.

Dificultade: media.

Recorrido: lineal

Algunhas fotografías (de pouca calidade) de fai anos.

salir.jpg (922 bytes) Saír