RÍO NAVEA. A FERRERÍA.

O río Navea é única na provincia de Ourense e o lugar é marabilloso.

Hai moitas posibilidades de partida, pero a ruta é única, subindo marxe esquerda do río. Aquí está marcada dende a área recreativa ata a Ferrería.

A ruta é das máis bonitas da nosa provincia, está en Chandrexa de Queixa (Ourense), bastaría ir a Montederramo e pola estrada de Chandrexa de Queixa o pasar o pobo de San Fiz coller unha estrada que pon Santa Cruz e que vai bordeando o encoro de Chandrexa. Chegase a unha ponte que normalmente é onde está a cola do encoro e alí xa esta indicada a ruta ata a Ferrería, que serían uns 10 kms, ida e volta. Tamén se pode ir co coche ata unha área recreativa que hai (1 km. por unha pista de terra en bo estado)  e deixar ali o coche e facer a ruta sería 8 kms. ida e volta.

As coordenadas da Área recreativa son 42º 13´ 42,93 N   -  7º 26´ 28,33 " O  cunha altitude de 913 m, a Ferrería está a 950m.

Coordenadas de inicio  para Google Earth; 42,228591-7,441202

Máis arriba da Ferrería está a Edreira (onde viviron os maquis)  pero eso son palabras maiores xa que hai outros 8 kms. dende a Ferreira ida e volta.

O lugar é impresionante e a ruta moi doada. Dependendo da época a flora é marabillosa. E que decir do río,  do pouco que queda en Ourense en bon estado, inda que é unha magoa xa que se está botando a perder (a ruta é coñecida e faixe moito, pero moita xente non sabe andar polo monte e deixa residuos de todo tipo. Hai moito cabestro solto...). Hoxe é coto sin morte ata a Ferrería e logo está vedado ata o nacemento. Falta moita vixilancia na zona.

Nesta ruta nin en ningunha ruta debe quedar nin un papel nin rastros na zona, hai que ser consecuentes coa beleza e pensar nos demais...Xa sei que pido imposibles...

Interés paisaxístico, botánico e xeolóxico.

Dificultade: baixa.

Recorrido: lineal.

ALGUNHAS FOTOGRAFÍAS.

salir.jpg (922 bytes) Saír