RÍO MAO EN OURENSE

Imáxenes dixitais deste fabuloso río de Ourense.

A presa do Cura, en Nogueira. Outra vista.
Outra vista. 23-05-2002 Outra vista
Por riba da Presa do Cura. Río Mao, Couto de Leboreiro. Bidueiros, son únicos en Ourense.
Río Mao. No medio do río, un Carex e moitas rabazas. O refuxio. Pasarela ou pontella.
Debaixo da vella Pontella de Nogueira. O fondo o refuxio de pescadores. Xestas. O fondo a Presa do Cura.
.......................
 Presa do cura. Efecto de sol. Presa do cura.
Outra vista Pondras de Nogueira.
  ............................................

  

Pontella no refuxio de pescadores. Nogueira. Presa do cura.
Pondras de Nogueira. Parte de abaixo das pondras.
Pasarela de Nogueira. Parte de arriba. Pasarela de Nogueira. Parte de arriba. Outra imaxen.
Pondras de Nogueira. Chámanlle pasarela de Nogueira. Nestas pondras ten o autor da www algunha historia. Pondras ou Pasarela de Nogueira. Outra imaxen.
Unha araña de río. Chegando a Ponte Moas.
Canón do río Mao, dende a estrada que baixa a Teixeira. A ponte que se ve no fondo levouna a riada do 2000. Desembocadura do río Mao, no encoro do Sil, e por suposto no cañón do Sil.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Na fotografía o río Mao de Ourense, marcado en azul, nacendo non moi lonxe de Montederramo, na Serra de San Mamede e desembocando no encoro de San Estebo do Río Sil tamén moi preto da Teixeira, todo en Terra de Caldelas. É un río curto, que baixa moito no estiaxe, pero recibe moitos pequenos regatos, que fan que non seque.

Na fotografía, marcados en bermello os encoros que ten no seu cauce, primeiro Leboreiro e logo unha minicentral en Pradocelos, a partir dese punto o río vai prácticamente por unha canaleta.

O río Mao (Ourense) nace na Serra de San Mamede e pasa entre outros pobos por Montederramo. A cinco kilómetros dende Montederramo, ten o encoro de Leboreiro, un encoro que é de Fenosa, dos poucos que ten na conca do Sil. 

Presa de Leboreiro (Imaxen de Icona ??). A partir de aquí remata o río Mao.

Nestos cinco kilómetros (dende Montederramo ata a presa)  é actualmente couto de pesca e a partir dese encoro o río por arte e gracia dunha empresa hidroeléctrica, que se chama Fenosa,  xa non é río, o río desvíase por unha canaleta e leva pouca auga ou ningunha. 

A poucos kms. da presa de Leboreiro (2 kms.) está un segundo encoro que desvía o río por unha canaleta, ata outra minicentral. O río estuvo seco dende 1972 ata 1998, pero seco de verdade sin auga. Dende ese ano (1998) botan polo tubiño que se ve na fotografía da ezquerda un pouco de auga, algo é algo. Por eso digo que dende Leboreiro non é río.

Desemboca a varios kilómetros, na Teixeira, no famoso río Sil, outro río domesticado por outra empresa hidroeléctrica,  Iberdrola . Por certo o canón dende Leboreiro ata o Sil e dos máis impresionantes da provincia, o río baixa dende 860 metros de Leboreiro ata os 240 m do río Sil en pouco máis de 6 km, ver a penúltima fotografía.  Realmente son augas bravas.

...........

Na fotografía da esquerda do libro "Ourense Natural", de fai anos vese a ponte e o río como baixa polo canón, é incrible, realmente son 6 km. incribles. Na foto  da dereita, de xaneiro do 2002,  vese a desfeita que se está a facer para reconstruir a ponte, seguro que queda ben, pero xa ven.

 

      salir.jpg (922 bytes) Salir ríos sanos.