Lagartixa da serra. (Lagartija serrana)
Fotografía de Pedro Galán.
En galicia hai seis tipos de lagartixa vivindo.
A lagartixa da serra é de aspecto robusto e mide sobre 20 cms.
En Galicia é bastante común, pero en Ourense soio se ve na Serra de Queixa e Peña Trevinca, sempre por riba dos 1400 metros.
Come todo tipo de insectos e arácnidos. A femia ten outra cor tirando a marrón.
Nome científico
Adulto macho fotografía en Asturias por Anders Selmer.
Lacerta montícula
Nota: aparece en internet co nome de Iberolacerta montícula.
Taxonomía:
Classe: Reptiles
Orden: Sauria
Família: Lacertidae
Xénero: Lacerta
Especie: Lacerta monticula
Nome galego
Foto Alfredo Salvador.
Coloración do macho en celo.
Lagartixa da serra.
Nome castelán
Foto Iñigo Martinez- Solano
A femia en celo.
Lagartija serrana
Dimensións:
Fotografía de Pedro Galán.
É unha lagartixa que non é pequena, sobre 20 cm. A cola é as duas terceiras partes do corpo.
Identificación:
Fotografía de Pedro Galán.
É unha lagartixa que non é pequena, sobre 20 cm. A cola é as dúas terceiras partes do corpo.
Varia moito según os lugares, o normal é que teña no dorso dúas liñas vertebrais oscuras compostas de manchas redondeadas e desiguais sobre fondo amarelo e verdoso, máis intenso no macho.
Algunhas femias son pardas máis ou menos claras.
Pode confundirse coa Podarcis bocage
Ten moitísimo parecido. Pero esta é moito máis pequena 6,5 cm contra 20 .
Cando é verde ten outro aspecto.
Alimentación:
A cor cambia moito según o lugar.
A súa dieta consiste en insectos e arácnidos.
Entre os seus depredadores destacan as culebras e moitas aves.
O seu modo de defensa é esconderse.
Pode perder a cola como defensa. (O que se chama autotomía na cola).
Habitats:
Fotografía de Hervé Michel.
Habita en zonas montañosas, tamén en matorrais, viñas, muros vellos e rocas, en xeral en zonas secas e soleadas. Desenrola a súa actividade durante o día xa que precisa, como especie helioterma, a calor do sol.
Reproducción:
Transcurrido o estado de sopor no que permanece todo o inverno, inicia o seu ciclo reproductor a principios da primaveira. Tras o acoplamento, a femia chega a depositar e enterrar de catro a oito ovos (a media é 6,2) nunha oquedade excavada por ela mesma.
O pasar 48 días, nacen as crías. Sobre setembro aproximadamente.
Distribución en Galicia:
Está presente en toda Galicia menos Pontevedra. Tamén en Asturias e Portugal na Serra da Estrela.