Chalcides striatus.

Esgonzo. (Eslizón tridáctilo ibérico).   

 

Fotografía de Alberto Ribero S.

 Blog "Fauna vertebrada de Ourense"

 

Parece unha cobra pero realmente é un lagarto que ten as patas moi reducidas e soio con tres dedos.  Pode chegar a medir medio metro.

Vese nos lugares húmidos  cunha vexetación herbacea e matos. Os ríos non están moi lonxe.

Alimentase de insectos, arañas, lesmas, come tamén miñocas e caracois entre outros.

En Ourense foi atopado preto das areeiras de Sandías; tamén en Monterrei, a carón do Tamega,  onde se chama  escouparón.

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características do Eslizón tridáctilo.

 

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Distribución Galicia Alimentación Reproducción
     
Ameazas

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome centífico:

Nome científico

Fotografía  de Enrique Ruíz. Blog Sekano. org

Chalcides striatus  Cuvier, 1829

Taxonomía:

Reino: Animalia

Clase: Sauropsida

Orden: Esquamata

Familia: scincidae

Xénero: Chalcides

Especie: Chalcides striatus

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Nome galego:

Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"

 

Esgonzo común. Esgonzo. Escancer tridáctilo. Cáncer. Escouparón. Escouparín.

En Portugal chámanlle  "cobra de pernas tridáctila".

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome Castelán:

Nome castelán:

Fotografía  de Enrique Ruíz. Blog Sekano. org

Eslizón tridáctilo ibérico.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Dimensións:

Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"

 

Pode medir ata 40 cms. inda que o normal é que no pase de 30 cms.

As patas son moi pequenas e teñen tres dedos.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación: 

Identificación

Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"

 

Ata 40 cm de lonxitude total; pero normalmente no sobrepasa os 30 cm. Aspecto como o dunha lagartixa, ten o corpo parecido as culebras, cuberto de pequenas escamas.  A cor dorsal vai entre a cor oliva ou bronce con 9 raias oscuras (moi raramente entre 11 ou 13).

Fotografía  de Enrique Ruíz. Blog Sekano. org

O seu parecido, en canto a cabeza, coas lagartixas é bastante grande.

Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"

Nesta fotografía de Alberto Rivero vense mellor as raias oscuras

Non é polo tanto un ofidio sinón que se trata dun saurio .  Lóxicamente confúndese de forma fácil coas serpentes ou cóbregas.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitat:

Habitats:

Fotografía  de Enrique Ruíz. Blog Sekano. org

Especie termófila, habita áreas de mato mesto e baixo e pradeiras de herba mesta  e curta. sempre gustando de lugares enxoitos. Non está polo tanto moi lonxe dos ríos.

O lugar faino dificil de localizar, e máis se engadimo-la rapidez da súa fuxida, liscando zigzagueante entre a vexetación.

Tamén coloniza áreas degradadas polos incendios.

Está activo polo día a pleno sol.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación do esgonzo:

Alimentación:

Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"

 

A súa alimentación é a base de insectos, arácnidos, pequenos gasterópodos e miñocas.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"

 

A súa actividade corresponde os meses de marzo a outubro.

É ovovivípera, as crías nacen ben desenvolvidas,  hacia finais do verán, en partos de 3 a 15 crías, e miden entre 8 e 11 cm. sendo prácticamente iguais os pais.

Os apareamentos son entre abril e maio  e as veces tras unhas grandes liortas entre os machos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ameazas:

Ameazas:

Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"

 

A queima de restroballos, así como a persecución humana o confundilos con cobras son as principais ameazas.

Non catalogada na UICN (Unión nternacional para a consevación da natureza e recursos naturais

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En Galicia :

En Galicia

Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"

 

Atópase en toda Galicia. Por suposto é máis abundante en lugares cálidos e abrigados, por exemplo en Ourense nas zonas da Limia e de Monterrei. Tamén se atopa en lugares costeiros, mais abundante nos pontevedreses, pero atopouse na Coruña e tamén en Lugo.

Está presente en moitas illas como as Cies, Tambo, Ons, Toralla, Arousa, Cortegada, Sálvora e Sisargas.

Nas serras escasea pero tense visto a 1550 m. en Trevinca.

Ir a características

 

 

 

 

Saír.