Lagarta galega. (Lagartija de Bocage).
Fotografía de Pedro Galán.
En Galicia hai sete tipos de lagartas vivindo. Esta é a máis coñecida.
Aparece en toda Galicia. Vive en case tódolos medios inda que o que máis lle gusta son os muros orientados o sur.
Come todo tipo de insectos e arácnidos.
Xeralmente a femia ten outra cor tirando a marrón.
Ver características e outros tipos de lagartas
As lagartas galegas: características e tipos.
Nomes científico. galego e castelán:
Podarcis bocagei.
Taxonomía:
Reino: Animalia
Clase: Reptiles
Orden: Esquamata
Familia: Lacerditae
Xénero: Podarcis
Especie: Podarcis bocagei
Lagarta galega
Nota: moita xente en Galicia chama lagartixas as lagartas, por extensión da palabra lagartija do castelán.
Lagartixa non está admitido nos dicionarios.
Lagartija de Bocage.
Dimensións: A lagarta galega mide sobre 20 cms. é bastante grande.
Identificación:
De tamaño mediano mide entre 40 a 70 mm, a cola é 2 veces o corpo. A femia é máis pequena.
Cabeza alta, fuciño redondeado.
O deseño do corpo é moi variable pero son típicas as liñas verdosas e amarelas, bordeadas por outras negras. Na fotografía vese perfectamente. Hai outras moi parecidas.
Non ten ocelos azuis nas axilas.
a.-Macho b.- Femia c.-Parte de abaixo. Observar que a femia máis ben tira a marrón. O dibuxo está sacado deste link.
As femias son máis pequenas, a cor verde tórnase a marrón.
Habitat:
Común en toda Galicia ata os 1800 metros. está en moitos lugares como zonas abertas dos bosques, zonas degradadas, areais, cantís e muros.
É unha das máis abondosas en Galicia.
Reproducción:
Realiza tres postas anuais, entre 2 a 9 ovos. Os ovos son de cor blanca e moi alongados. Sobre 20 cms. Nacen despois de 49 días.
Reprodución en primaveira.
Alimentación:
Arácnidos e insectos, tamén coleópteros, dípteros, formigas, etc.
Outros tipos de lagartas presentes en Galicia.
Podarcis bocaguei.
Podarcis bocaguei. Fotografía do autor da www. sacada en Chandrexa de Queixa.
Esta lagartixa é moi vistosa e mide sobre 6 cms. Ten sobre un fondo verde numerosas manchas de cor negro.
Como todas aliméntase de insectos e arácnidos. A reproducción faina na primaveira onde se aparea. A femia pon seguidamente os ovos entre 2 a 9 ovos que nacen despois de 45 días.
Os seus depredores son cobras e aves.
Podarcis bocagei. Fotografía do autor da www. sacada en Chandrexa de Queixa.
Lagarta dos penedos A fotografía é de Pedro Galán.
Podarcis hispanica. Lagarta dos penedos.
Moi abondosa. Non é facil distinguir esta lagarta da lagarta galega. De tódolos xeitos a galega é máis aplanada e ten as cores verdes máis intensas no dorso.
Podarcis hispanica. Macho. Outra fotografía.
Podarcis hispanica. Femia. Fotografía da Voz de Galicia
A femia presenta as liñas máis definidas o longo do dorso.
Esta presente en Galicia menos na zona norte de Lugo e Coruña.
Pode aparecer dende o nivel do mar ata os 1.650 da Serra Segundeira en Ourense.
.. Lagarta rabuda Psammodromus algirus. Lagarta rabuda.
Fotografía de Pedro Galán.
Psammodromus algirus. Lagarta rabuda.
Fotografía da Voz de Galicia.
Esta tamén é común. E facil de distinguir polas duas lineas blancas paralelas que ten no dorso. Mide sobre 7,5 cms.
Esta falta no norte de Galicia. Non é abundante.
.. Lagarta cinsenta
Psammodromus hispanicus. Lagarta cinsenta.
En castelán lagartija cenicienta.
É de tamaño pequeno, entre 4,5 e 5 cms. É moi similar a lagarta anterior.
É moi corredora e en Galicia únicamente ocupa zonas de clara influencia mediterranea, como o sur de Ourense.
.. Lagarta vivípera Fotografía de Pedro Galán.
Lacerta vivípara. Lagarta das brañas. En castelán lagartija de turbera.
Esta lagarta é propia de terrenos higrófilos, por eso se chama lagarta das brañas. Ocupa polo tanto zonas de montaña sempre cun alto grado de humedade, con brañas e turbeiras, con substrato de musgo e matos baixos. É bastante rara e de feito según a Xunta de Galicia está citada únicamente no Xistral e nos Ancares.
É unha lagarta pequena entre 4,5 e 6,5 cms.
.. Lagarta dos muros Fotografía de Pedro Galán.
Podarcis muralis. Lagarta dos muros.
En castelán lagartija roquera.
En Galicia non abunda, de feito o parecer soio hai unha pequena población en os Nogais (Lugo), inda que pode que exista tamén na fronteira con Asturias.
É unha lagarta de tamaño mediano entre 4,5 e 6,5 cms. cunha cola bastante longa.
Lagarta. Fotografía do meu amigo Félix Valeiras. 2007