Sapoconcho de Florida.Tortuga. de Florida
Este sapoconcho non se atopaba en Galicia pero hoxe cada vez atópanse máis. É orixinario de Améríca Tropical dende EEUU a Brasil.
Foi traída no noso país como mascota. Logo, o que pasa, medra moito, come moito, e veña a desfacerse dela. Hoxe está prohibidas pola U.Europea, pero seguro que inda hai algunha nos fogares.
En calquera caso nunca se debe liberar na natureza, e si se quere un desfacer dela mellor deixarse aconsellar por Medio Ambiente, e no facer barbaridades...
Tartaruga de auga. Sapoconcho riscado: Carácterísticas.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitats Alimentación Reproducción Distribución en Galicia Distribución no mundo Protección Curiosidades
Nome científico
Taxonomía:
Reino: Animalia
Clase: Reptiles
Familia: Trachemys
Xénero: scripta
Especie: Trachemys scripta
Nome galego
Sapoconcho de Florida.
Nome castelán
Tortuga de Florida.
Dimensións:
Pode medir o seu caparazón ata 30 cms. É polo tanto, cando ten anos, bastante grande.
Identificación:
Esta fotografía é o sapoconcho de Florida. A Mancha vermella xunto o ollo é definitiva.
Por baixo tamén é moi distinta:
Estos son os outros:
Observar as liñas no pescozo do sapoconcho riscado.
Este é o noso sapoconcho.
Ver por baixo as diferencias:
Nos sapoconchos a parte de abaixo chámase plastrón. Pois ben, no sapoconcho común o plastrón é amarelento con manchas pardas, tirando a negras. Non ten placas inguinais. Aparte o plastrón é articulado.
Plastrón do sapoconcho común. Observar que non ten placas inguinais (estas placas poden verse na fotografía seguinte que é do sapoconcho riscado).
Este é o sapoconcho riscado que si ten placas inguinais que están marcadas na fotografía. Aparte as placas non son articuladas. (A fotografía é de P. Rasmont)
Alimentación:
Trátase dun carnívoro que captura pequenos peixes, anfibios e as súas larvas, moluscos, crustáceos, vermes e outros invertebrados.
Come polo tanto un pouco de todo. Incluso insectos.
É menos selectivo a hora de comer que o noso sapoconcho común.
Habitats:
Na fotografía o sapoconcho noso, pero o habitat é moi similar.
En realidade hoxe descoñecese a súa distribución en Galicia, xa que existen citas de animais liberados dende 1990.
Básicamente: ten hábitos acuáticos, normalmente nas zonas dos ríos onde non hai moita corrente, tense localizado ademáis de en ríos tamén en lagoas costeiras; o seu biotopo está sempre provisto de abondosa vexetación, non alongándose moito da auga, onde busca protección e alimento.
Atopouse no Baixo Miño, nas ribeiras do Louro en Budiño
En lagoas e varias charcas. E por suposto en ríos sempre en lugares de pouca corrente.
Reproducción:
O ciclo reproductor non foi estudiado para Galicia. Pódese xeneralizar dicindo que a posta, de 5 a 12 ovos de casca dura, realízase no verán, en terra branda, axeitando a femia o lugar apropiado con grande laborosidad.
Medran rápido.
Protección:
No está protexida, si non todo o contrario. Hai que pensar que entra en competición co noso sapoconcho, que está en perigo de extinción.
Distribución en Galicia:
Non se teñen moitos datos...
Atopouse no Baixo Miño, nas ribeiras do Louro en Budiño.
Tamén en Corrubedo ou no encoro de Cecebre.
En lagoas e varias charcas. E por suposto en ríos sempre en lugares de pouca corrente.
Distribución no mundo:
Esta tartaruga de auga doce é orixinaria de América Tropical desde o sur de EEUU até o Brasil, inda que a especie que máis abonda en Galicia foi traída de México e USA.
Curiosidades:
Especie foránea. Foi traída a Europa como mascota. En España rexistrouse a venda de millóns de exemplares (máis de medio millón anual nos anos noventa...), até que en 1997 a Unión Europea prohibiu a súa importación.
O que pasou foi que moitas persoas foron cansándose das tartarugas pola súa voracidade e tamén polo que crecen e foron abandonadas en calquera lugar.
Decir que se considera unha gran ameaza para o noso sapoconcho.