Natrix natrix.

Cobra de colar. (Culebra de collar)

riosnat7.jpg (39596 bytes)

Este é o aspecto normal que presenta.

Ten outras libreas.

Esta cobra tamén se pode ver fora do río, xa que non é exclusivamente acuática. É totalmente inofensiva e aliméntase de peixes, rás, tritós, salamandras, etc.

Os períodos de celo son espectaculares e ten un na primavera e outro no outono.

Pode medir ata un metro de lonxitude.

As súas pupilas son redondas.

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                               

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características da Natrix natrix

 

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

NOME CIENTÍFICO:

riosnat7.jpg (39596 bytes)

Natrix natrix ( Linnaeus 1758)

Nota: Natrix quere decir nadadora. De tódolos xeitos esta Natrix tamén se atopa fora da auga.

Taxonomía:

Reino: Animalia

Clase: reptilia

Orden: squarnata

Suborden: serpentes

Familía: colubridae

Género: Natrix

Especie: Natrix natrix

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

NOME GALEGO:

 

 

Cobra de colar

 

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

NOME CASTELÁN:

Culebra de collar. Culebra de agua.

 

 

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

DIMENSIÓNS:

Neste exemplar inda se ve o colar, que tende a desaparecer.

Pode ter ata un metro e medio. As femias poden chegar ata 2 metros.

A cola é aproximadamente a quinta parte do corpo total.

 

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

IDENTIFICACIÓN:

Ollos redondos. Ou sexa pupilas redondas ( ver fotografía). Distínguese da natrix maura xa que non ten o dibuxo en zig-zag. Ademais a natrix maura é máis pequena. Pero a distinción básica está máis abaixo e fala das escamas detrás do ollo.

Escamas carenadas.

 

 

Hai unha característica moi peculiar desta cobra e que se ve na fotografía perfectamente:

Esta é a Natrix natrix, observar que por detrás do ollo ten tres escamas. (Fotografía de P. Dubois)

Nesta fotografía tamén se ve perfectamente. Detrás do ollo tres escamas.

Esta é a cobra Natrix maura, observar que por detrás do ollo soio ten dúas escamas.

Vese mellor nesta fotografía:

Natrix maura vese perfectamente as dúas escamas únicamente detrás do ollo.

 

Sigo coa identificación da Natrix natrix:

 A pupila é negra rodeado de iris anaranxado ou roxizo intenso.

Teñen cor verde, gris ou pardo, e o colar branco ou negro (de novas), que  chega prácticamente a desaparecer.

Pode ter manchas negras espalladas polo dorso.

As distintas libreas da Natrix natrix pode verse neste dibuxo.

 

Todas elas son distintas variedades.

A máis común, polo menos en Galicia é a seguinte:

riosnat7.jpg (39596 bytes)

Observar que a cabeza tamén a pode poñer de forma triangular:

Esta é unha forma de defensa, para así facer ver que é unha víbora (cousa falsa).

 

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

ALIMENTACIÓN:

Todo tipo de ras e tritóns. Tamén come peixes. As veces algún ratón. 

Come preferentemente pola mañán e na segunda mitad da tarde. Un adulto pode papar entre 4 - 5 ras grandes ou 9 de tamaño mediano en media hora. Engulle as ras por detrás e os peixes por diante.

 

Ver tamén este video moi curioso, onde se ven dúas cobras intentando coller e con moito éxito, troitas que suben o río para fresar.

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

HABITAT:

Preto dos ríos e charcas. Tamén se pode ver esta cobra nos prados así como en montes de matorral, toxos, etc. Moi común en Galicia. Non compite coa súa conxenere a Natrix maura xa que a Natrix natrix persigue incluso por terra as súas víctimas e inda que se ve nos ríos vese menos que a Natrix maura.

A Natrix natrix é unha boa nadadora, natrix quere decir nadar. Pode permanecer debaixo da auga ata 30 minutos.

Cando fai moita calor pasa as horas na orilla dos ríos, enroscada, entre a sombra e o sol, preto dos árbores ou tocóns. Móstrase moi activa entre 22º-30º C.

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción :

REPRODUCCIÓN:

O celo ocurre por abril-maio, a posta ten lugar en xuño-xullo, en lugares cálidos e húmidos. A eclosión dos ovos soe ocurrir a finais de agosto-setembro.

Pon entre 6 a 70 ovos. A incubación leva entre 3 - 11 semáns. Por regra xeral as crías nacen en setembro.

A remate dun ano as crías poden ter entre 23 a 30 cms.

Pode chegar os 19 anos, pero a edade media está entre os 7 e os 9 anos.

 

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA:

Ten amplísima distribución en Galicia, seguramente se trate da cobra máis abondosa de todas.

 

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inimigos:

Inimigos:

Por suposto os inimigos maiores son as aves rapaces (a aguia culebreira por exemplo) e as zancudas, así como os ourizos, teixugos, donicelas, etc.

 

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

VESE NOS MESES DE:

Ten dous períodos de celo , un en primavera e outro no outono. O seu período de celo e moi característico, movendo a cabeza e a lengua dunha forma rara.

Os cambios de camisa detectan o atopalas que hai culebras na zona.

 

Por suposto tamén as marcas que deixan na terra o desplazarse. Ver ficha.

 

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

INTERÉS:

riosnat7.jpg (39596 bytes)

De interés especial.

Non se entende a manía que teñen moitos de matar, cando ben unha culebra.

A culebra cumple, na natureza, una misión importante. Son básicas para guardar o equilibrio.

 

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

PROTECCIÓN:

Está protexida.

Non está ameazada de momento.

 

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

CURIOSIDADES:

É moi voraz, pode consumir nunhos minutos varias presas. É bastante comúns atopalas no período de celo misturadas e apelotonadas moitas culebras xuntas.

Cando se ve atacada e perdida finxe a súa morte, incluso chega a botar sangue pola boca e as pupilas xiradas, dando una sensación de morte.

Cando todo esto lle falla incluso produce un fedor grandísimo. ¡É unha teatreira, pero inofensiva!.

Na fotografía sacada do libro "Guía de las serpientes de Europa" de  Silvio Bruno e Stefano Maugeri vese perfectamente o anterior.

 

 

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Peligrosidade:

INOFENSIVA.

A súa mordedura non é peligrosa. É totalmente inofensiva para o home. O peor é,  tela seguridade de que cando morde unha cóbrega non sexa unha víbora.

O normal é que cando detecta o home escape rápidamente, pero resulta agresiva, lóxicamente, si se ve molesta. O que fai é que bufa a base de fino pero nada máis. É, repito, totalmente inofensiva para o home. 

 

 

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Relación co home:

RELACIÓN CO HOME:

riosnat7.jpg (39596 bytes)

É, dende logo, a cobra máis común de Europa. Atópase con facilidade en tódolos lugares: estercoleiros, basureiros, granxas, criadeiros de peixes, ríos en xeral.

Cando se mete un con esta cobra adoptas posturas similares as víboras en canto os silbidos e a posición do corpo. Pero a cabeza non está en actitude de alerta como as víboras, refírome a que as víboras a cabeza está por riba do corpo, despegada e en actitude de morder. Non é o caso da natrix.

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

 

 

Marcas na terra, diferencias cás víboras:

MARCAS NA TERRA, DIFERENCIA COAS VÍBORAS:

Rastro de víbora.

 

Rastro de Natrix natrix ou outra culebra.

Ir ás características.

 

 

 

 

 

 

A DISTINCIÓN COAS VÍBORAS:

O ollo da Natrix natrix é totalmente redondo non hai dúbida.

Ollo da Natriz natrix.

..
 
O ollo da víbora ( os dous tipos que hai en Galicia) ten a pupila oblícua.

Na fotografía a Víbora seoanei ( está comendo,  pero non sei que é)

Ollo oblicuo claramente.

 

Fotografía Jan Dan Der Voort. Sacada en Peneda-Gerés.

Observar o ollo vertical, típico das víboras.

Tamén as escamas na cabeza moito máis pequenas.

Tamén hai diferencias nas marcas deixadas o camiñar. Ver na ficha...

Ir ás características.

 

 

Fonte: Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y Pedro Galán.

Tamén hai datos sacados do libro "Guía de las serpientes de Europa" de  Silvio Bruno e Stefano Maugeri 

flecha.jpg (1049 bytes) Subir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍA.

Cobra de colar,  xoven. Observar o anelo.  Chandrexa de Queixa.

A misma cobra de colar anterior. Observar o ollo. Chandrexa de Queixa. Ourense. 2008.

flecha.jpg (1049 bytes) Subir