Arnica montana.  Planta cheirenta. Arnica.

Vese moito pola zona de Verín,  nos lameiros. A fotografía é de Goz.  A planta é longa e remata nunha cabeciña con moitas flores amarelas.

A arnica estimula o sistema nervioso e aplícase para trastornos cardíacos. É moi efectiva nas lesións, croques, picaduras de insectos, tamén para curar as feridas da lingua.

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUTRA FOTOGRAFÍA.

Arnica montana

 

 

De 15-60 cm. Aromática.

Ten dous tipos de follas.

As follas inferiores de 6-7 x 1,5-5 cm. , con 5-7 nervios lonxitudinais, aovadas ou lanceoladas,  aterciopeladas polo haz.

As de máis arriba, ou sexa as do talo son máis pequenas e opostas.

Vese en pastos de montaña , en terrenos ácidos, tamén preto dos ríos galegos.

 

 

Con 1-7 capítulos grandes (o normal é un por planta, na fotografía vense catro )  amarelo - anaranxados de 4-8 cm. de diámetro.

 Pedúndulos con dúas brácteas lanceoladas alternas.

Os capítulos levan unha ringleira de lígulas de cor laranxa e flósculos tamén do mesmo cor (os flósculos son flores como as blancas das margaridas).

 

En galego chámase herba cheirenta, árnica, herba da papeira, tabaco de montaña e talpica.

En Galicia non está protexida pero por exemplo no pais vasco si que o está.

Tamén está protexida en moitos paises de Europa;  onde seica era recolectada moitísimo, o que a fixo desaparecer;  aparte tamén da desaparición e degradación dos terreos onde nace.

 

 

Esta planta foi moi utilizada, en tempos, polos campesinos, moitas veces con resultados malos. Por exemplo como tabaco (fumase cunha pipa), para curar a bronquites ou o catarro; cando en realidade era o revés.

Faise con ela unha tintura que seica da moi bons resultado para os golpes.

Recoméndase, como uso tópico únicamente,  para moitas cousas.

Ver este link.

 

 

Fotografía dun conxunto de arnicas no paseo das ninfas en Ourense, o pe do río Miño.

A misma fotografía anterior máis cerca.

 

Parte do texto está copiado do sensacional libro de Mariano Garcia Rollán "Claves para a fauna de España".

Saír.