Ranunculus repens.

Botón de Ouro. (B. de oro).

Dende logo é unha das plantas máis comúns,  nos prados,  que hai a beira dos ríos, sempre en zonas húmidas. As veces converte, no  verán,  todo o prado en amarelo.

É común en lameiros húmidos de moita auga.

Precioso. ¡Ollo¡,  é tóxica para o ganado.

 

Ver características e dibuxos.

salir.jpg (922 bytes) Saír.      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BOTÓN DE OURO.

 

 

Talos rastreiros, que botan raíces polos nudos.

De 20-60 cm. As follas da base lobuladas, con lóbulos trisegmentados, e lóbulo medio peciolado. Flores amarelas brilantes, 2 a 3 cm. de diámetro.

 

Carpelos aplastados con pico curbado e reunidos en cabeza globosa. Pedúnculos florais estriados. Moi variable. Dase moi ven en prados húmidos e bosques umbríos. Chámase Botón de Ouro, por algo...

 

 

Ten moitos nomes en galego: botón de ouro, bugallón, herba belida, herba de ouro, herba de pata de lobo, herba de lobo, patelo, pé de gato, pé de lobo, pé de puldriño e punta loba.

Casi nada.

Esto demostra que é unha planta moi popular.

Os nomes máis usados son os de botón de ouro e patelo.

A flor está claro que ten cinco pétalos e tamén cinco sepalos.

Frolece a primeiros do verán.

A herba non é boa para o gando.

 

O texto é de Mariano Garcia Rollán, copiado o pe da letra do seu libro "Claves de Flora de España".

O dibuxo está sacado dunha dirección de internet que figura na bibliografía como sensacional. Realmente son sensacionais

Saír.