Echium vulgare.

Viboreira. Viborera.

 

 

Vese moito, polo menos en Ourense,  preto dos ríos, pero en lugares secos, terrapléns sobre todo.  É moi abondosa.

Pode ter ata 1 metro. Está cuberta de pelos punzantes pero suaves. 

 O nome provén de que antigamente creíase que esta planta era moi boa para cando picaba unha víbora. (Non é certo).

A fotografía, do autor da www, está feita no Paseo das Ninfas, a carón do río Miño, en Ourense.

Ver as características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Echium vulgare.  Viboreira.

Fotografía do autor da www.

Planta de 20-90 cm. Follas moi ásperas, as inferiores elipsoides ou lanceoladas, pecioladas, as máis altas lanceoladas e sentadas. 

Cáliz de 5-7 mm. Corola de 10-19 mm., primeiro vermella ou púrpura  e logo azul de todo.

O talo leva un peliño suave pero característico.

 

Con 4-5 estames sobresaintes. Moi variable. O principio vermella e despois azul. As flores parecen embudos.

Dase en lugares secos, non moi lonxe dos ríos.

Chámase en castelán Viborera e tamén viperina.

En galego chámase  Viboreira. De tódolos xeitos non é certo que cure as picaduras das víboras, nin moito menos.

Fotografía del autor de la web.

Outra fotografía da viboreira, onde se ve a súa cor mezclada vermella e azul.

Esta planta seica é moi popular entre as abellas. Dende logo é vistosa.

Outra fotografía onde prácticamente é azul.

A planta crece en terreos  de area, pelados, cantos rodados, a carón dos ríos pero nos terrapléns, etc..

 

 

Fotografía do autor da www.

Outra fotografía a carón do río Miño en Ourense.

 

A información está sacada de varios libros "Pequena flora de Galicia " de  Xosé Ramón Garcia.

"Guia fotográfica de las flores de Europa" de Paul Sterry y Bob Press y "Gran Guía de la Naturaleza. Flores"  de Wolfgang Lippert y Dieter Podlech.

Saír.