Pteridium aquilinum.

Fento común. (Helecho).

É abondoso nas beiras dos ríos galegos, inda que se ve moito máis nos piñeirais, eucaliptaís, camiños,  etc.  En xeral en lugares húmidos e sombríos.

As frondes (ramas) son duras.  O tallo tamén é moi duro.

Cobren  moitos lugares onde non hai árbores.

Os lóbulos (folliñas)  das frondes son enteiros.

Hai quen utiliza este fento para manter frescas as troitas no río. A mín resúltame un pouco duro, non me gusta.

Eu utilizo o fento femia que é outro tipo de fento.

 

Ver as características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pteridium aquilinum

Fento común.

Neste dibuxo vense as características fundamentais deste fento.

Este é o fento, fento común ou fieito.

No dibuxo trae as raíces ou rizoma que ten uns pelos típicos.

As folliñas (frondes) poden botar ata os dous metros.

As pinnas son  opostas,

Os pés son moi fortes.

Os soros van no envés, parte de atrás da folliña e nos extremos.

Persoalmente eu non os utilizo para envolver as troitas para conservalas por un simple feito son pouco manexables xa que me non me resultan  suaves, non se amoldan fácilmente.

En Galicia é moi abundante e atópase ata os 2000 m.

Imaxen sacada deste link : Κοινή Wikimedia.

Algunha información está sacada do libro "Guía dos fentos de Galicia" de Henrique Niño Ricoi, publicado por Baía Edicións no ano 2008.

Pteridium significa fento, aquilinum é xa que na zona enterrada do pecíolo aparece representada a aguia bicéfala alemá, tratarei de comprobalo... Efectivamente é así ver dibuxo anterior.

O fento común ten un rizoma oscuro e groso.

As frondes, algo duras, chegan os 70 cms.

As frondes levan unha primeira división, e logo folíolos que se dividen en lóbulos algo lanceolados.

Ten outros nomes: felgo, fento,  fieito, folgueira, etc.

É o fento o nome máis común de todos.

Atópase en tódolos piñeirais, eucaliptais, beiras dos camiños e lugares onde se bota lixo, tamén por suposto a beira dos ríos.

Gusta moito de lugares húmidos e sombríos.

Este fento é tóxico, dicen que a súa inxestión produce cancro.

As frondes, si se consume crudo, elimina a vitamina B1 do organismo.

Ver este  link

 

Non levanta moito do terreno por norma xeral, inda que se poden atopar de máis dun metro.

O pecíolo é recto, verde e acanalado.

Moitas veces o fento común cobre extensións enteiras de zonas sin árbores.

Levantan un pouco do chan e dende logo permiten mirar por baixo dos fentos o que hai.

Teño collido en outono cantidade de Boletus aestivalis simplemente mirando por debaixo dos fentos.

Así queda o fento despois do outono. O fento seca.

As distincións entre este fento o fento femia e o fento macho son as seguintes: co fento macho os folíolos non son enteiros se non que van divididos en lóbulos coas beiras dentadas.

Os soros son marxinais e situados no envés  das frondes.

 

Aquí son enteiros os lóbulos, cousa que non pasa no fento macho.

No fento femia tamén son algo dentados os lóbulos e non enteiros.

No fento femia os soros van alongados en ángulo, facendo un pequeno gran en cada lóbulo.

No fento macho os soros van detrás dos lóbulos en dúas rengleiras curtas.

 

Dicen que antiguamente usábanse para envolver as troitas e a manteiga antes de ir a nevera. Persoalmente a mín resúltanme un pouco duros para este menester, eu utilizo outros fentos, o fento femia concretamente, resúltame máis suave o tacto e é moi abondoso a beira dos ríos e regatos, inda que non sei que pasa que cada vez menos.

Distínguise deste fento común polos lóbulos, o do fento  son enteiros mentras que o do fento femia son dentados. Entre o macho e a femia é cuestión de tacto, o fento macho é máis rugoso e duro.

Os lóbulos do fento común son enteiros.

Os lóbulos do fento femia que eu falo son dentados.

Tamén se utilizou para estrar as cortes do gando.

 

Fotografías curiosas dos fentos a primeiros de abril.

Río Deva por riba de Arbo. Día 07/04/2009 observar os fentos comúns a punto de brotar.

Esta é unha fotografía moito máis cerca. É sumamente curiosa, as súas formas matemáticas chaman moito a atención... S. Lorenzo.

 

As fotografía aparecen coa firma. O texto está sacado do libro  "Flora de Galicia" de Xosé Ramón García, Editorial Follas Novas 1979, que é a miña "bíblia" no tema das plantas en Galicia.

Tamén  teño consultado a "Guía dos fentos de Galicia" de Henrique Niño Ricoi, publicada en 2008 por Baía Edicións.

Ven moi completa esta web.

Saír.