Phytolacca americana.

Herba carmín. Grana.

 

Fotografía do autor da www. Río MIño en Reza. Ourense.

É unha planta que aparece a carón dos ríos galegos, tamén en lugares húmidos, camiños etc. A fotografía está feita en Ourense, a carón do río Miño, é moi abondosa nesta zona.  A planta ten máis dun metro, é ten unha cor no talo moi característica , o carmín, así como unhas follas longas e uns racimos de froitos moi típicos. Vese moito no paseo das Ninfas en Ourense, a carón do río Miño. É doado identificala.

 

Ver características.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Herba carmín

Dibuxo da Herba Carmín sacado do libro  "Flora de Galicia"  de Xosé Ramón Garcia. 

Editorial Follas Novas 1979, un libriño maravilloso.

 

As fotografías que siguen son todas miñas e sacadas no Paseo das Ninfas e, a carón do río Miño en Ourense.

Trátase dunha pranta grande, pode botar ata 3 metros.

O seu talo é groso e o principio verde e asegún vai chegando a madurecemento do froito vaixe facendo carmín como se pode observar perfectamente na fotografía.

Tamén se chama Tintureira,  uva dos tintureiros e grana.

Dende logo na zona do Incio chámase grana.

..

 

As follas son grandes e ovais.

   

Tamén podemos decir que as follas son lanceoladas e son grandes moi grandes poden chegar ata os 25 cm.

...

 

As flores veñen en acios de 10 cms.

Cada frol ten cinco pezas de cálice e corola e tamén dez estames e dez estiletes.

O froito é redondo como se pode observar na fotografía e semella un tomatiño de 1 cm. aproximadamente. O madurecer  faixe negro-roxo.

Son moi típicos os acios ou racimos.

...

 

Esta pranta  é orixinaria de América do Norte, é común en camiños e sitios habitados, con certa humidade. Asilvestrouxe en Galicia en zonas ata 400 metros de altitude.

Por suposto a carón dos ríos, sempre que non esté moi lonxe o pobo.

Hai moitas tamén en Ourense subindo o Castro de Santomé.

   

Frolece de Xaneiro a Outubro.

As follas son purgantes, téñense descrito alteracións hematolóxicas en persoas que comeron o froito.

De tódolos xeitos non se recomenda o seu uso.

Fotografía novembro do 2006.

Observei que esta herba abonda moitísimo, casi é unha invasora pola marxen esquerda do Miño en Reza. Ourense.

Esta información está sacada do libro de Xosé Ramón García  Flora de Galicia.

Tamén consultei A guía de plantas medicinais de Galicia  de Antonio Rigueiro e varios. Editorial Galaxia.

As fotografías anteriores son do autor da www.

Esta fotografía é de Félix Valeiras. Setembro do 2007.

Saír.