Senecio Jacobaea.

Herba de Santiago. (Hierba de S.)

Fotografía do autor da www. Río MIño en Reza. Ourense.

É unha planta que aparece a carón dos ríos galegos. A fotografía está feita en Ourense, a carón do río Miño, é moi abondosa nesta zona. Tamén se chama Herba rexa. A planta ten máis dun metro, é moi verde e as flores son amarelas . É unha planta común que por regra xeral aparece nos terreos non cultivados, sendeiros,  camiños, terrapléns, na beira dos ríos preto dos coiñais. Vese moito no paseo das Ninfas en Ourense, a carón do río Miño.

 

Ver características.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Herba de Santiago.

Fotografía do autor da www.

 

Herba de Santiago, herba do sapo, ou herba rexa.

É robusta, anual, perenne, lampiña salvo na cima .

As follas son pinnatilobadas (ver máis abaixo o dibuxo). 

As follas teñen a particularidade de abrazarse o tallo.

Flores amarelas.

 

 

Neste dibuxo  da Deutschlands Flora in Abbildungen (1796) vese a herba de Santiago, tamén chamada herba do sapo, herba rexa.

O dibuxo ten distintos estadios da planta.

Trátase dunha herba ergueita e de moito ramo que chega a 1,5 metros.

As follas teñen a particularidade de abrazarse o talo como pode verse no dibuxo.

As follas son  pinnatilobuladas (os lóbulos están dispostos a cada lado do nervio central).

As flores parecen espigas.

 

As flores en fascículos que parecen longas espigas amarelas.

As cabezas florais teñen  entre 15 mm e 20 mm. de diámetro, con flores amarelas que se dispoñen copiosamente en densos racimos , que teñen de 12 a 15 lígulas.

Ver explicación na seguinte fotografía.

 

Na fotografía do autor da www,  vese a flor da herba de Santiago.

As flores, efectivamente, parecen longas espigas amarelas, observar a segunda flor.

As cabezas florais teñen  sobre 2 cm. de diámetro, con flores amarelas, que teñen de 12 a 15 lígulas, que son as partes que están o redor da cabeza.

 

Na fotografía vense perfectamente as flores, en ramalletes e bastante abondosos nesta planta, que pode ter ata 1,5 metros.

Florece entre xuño e setembro.

En Portugal chámase Tasna.

 

É unha herba bastante utilizada en remedios naturais, por exemplo contra as chagas, feridas e úlceras. Tamén nas rozaduras e feridas nos plegues dos dedos dos pés e das mans.

Como tódalas herbas teñen contraindicacións.

Ver, sobre os seus efectos,  por exemplo,  o libro Plantas e remedios naturais do Camiño de Santiago de TXumari Alfaro entre outros.

 

Esta información está sacada do libro de Paul Sterry e Bob Press titulado "Flores de Europa".

Tamén do libro "Flora de Galicia" de Xosé Ramón García.

"Plantas y remedios naturales de los Caminos de Santiago" de TXumari Alfaro.

Saír.