Son moitas as plantas que levan este nome, cardo, en Galicia, a máis abondosa pode ser a da fotografía, que é o cardo borriqueiro ou cardo leiteiro.
Os talos son largos e con moitos pinchos, como pode verse. As flores son rosa púrpura , xeralmente solitarias. Por baixo da flor teñen uns pinchos curvos.
As follas son ovaladas e bastante grandes, ata 30 cms.
A fotografía está sacada polo autor no Barco de Valdeorras, a carón do río Sil.
Trátase dunha planta bienal, robusta e pelada de ata 1,5 m de altura.
As flores son de cor púrpura.
As brácteas teñen a forma de pincho curvo.
As flores superiores teñen a marxe espiñosa e a face de cor verde matizado de branco.
Fotografía a carón do río Miño en Ourense.
Follas alternas ovaladas e bastante grandes, ata 30 cms.
Crece en lugares removidos e moi expostos o sol.
É unha planta que se utiliza na hepatite crónica, na cirrosis e na insuficiencia hepato - biliar.
En galego chámase arzola, cardo borriqueiro, cardo de María e cardo leiteiro.
Cardo a carón do río Sil no Barco de Valdeorras. Fotografía do autor da web 2008.
Fotografías sacadas en Ourense, no paseo das Ninfas, a carón do río Miño.
Algunha xente chámalle cardo de Santa María a esta planta, tamén cardo mariano.
Fotografías sacadas en Ourense, no paseo das Ninfas, a carón do río Miño. O cardo da fotografía é o cardo vulgar, non é o cardo borriqueiro. Este ten simplemente unha flor cor violeta, pero non ten os pinchos que presenta o cardo borriqueiro.