Papaver rhoeas L.

Papoula. Mapola. Amapola.

A amapola vese moito en Galicia.

Esta delicada flor pode verse en toda Galicia , preto dos ríos ou non e ata 1.900 metros de altitude.

Poñoa nesta selección xa que a teño visto en terreos preto dos ríos, por exemplo a beira do río Miño mismo en Reza, na chamada "ruta do Colesterol" ou "ruta das ninfas".

É preciosa pero moi delicada.

Dase moito en terreos pouco cultivados.

É unha boa sedante da tos, dor de moas, diarreas, de todo...

Ver outra fotografía e propiedades.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUTRAS FOTOGRAFÍAS.

A papoula en Ourense, río Miño por Reza.

Fotografía do autor da www.

Trátase dunha herbácea, anual, cuberta de peliños. Leva un cálice de dúas pezas, e cando estas caen sae catro pétalas, vermello vivo que son as que se ven na fotografía. Nace entre outras herbas. Así este campo preto de Rubián estaba cheo de mapoulas en xuño do 2002. Unha marabilla para a vista.

Fotografía dixital sacada polo autor da www. Rubian (Lugo).

En galego ten varios nomes: mapoula, papoula, mapola, ababa, buxaga, panos de nosa Señora, papoila, papoileira. Teño atopado mapoulas en tódolos lugares: camiños, a carón dos ríos, o pe das estradas, nos altos, en tódolos lados. As flores son moi bonitas pero moi delicadas.

Dicen que preparada convenientemente é boa para o insomnio, a tos, as bronquitis, a asma a tos ferina e como tonificante xeral do organismo. Presenta contraindicacións soio na lactancia e no embarazo. Polo resto en infusións seica é marabillosa.

Na fotografía do autor da www aparece entre codesos, nunha vía abandonada por Renfe preto de Monforte e a carón do río Cabe.

A de abaixo outra acuarela marabillosa.

Outra fotografía.

As mapolas danse en calquera lugar, esta a beira das espadañas, no río Barbaña en Ourense.

Mapolas a carón do río Sil no Barco de Valdeorras.

As veces é tal a abundancia da mapoula que presenta este aspecto da fotografía...

Río Sil. O Barco. Ourense

Mapoula 2008. Fotografía de Félix Valeiras.

Saír.