Digitalis purpurea.

Estralotes. (zapatitos de cristo)

Os estralotes son abondosos nas beiras dos ríos galegos. Na fotografía, do autor da www,  vense estralotes a beira do río Mao en Montederramo.

Planta moi característica,  ¿quen non estalou unha destas plantas na súa vida?.  É doado estoupalas :  tápase por riba e estopause contra a man.

En Galicia ten moitos nomes, máis de sesenta, o que demostra, que é moi coñecida: estralotes, estalotes, dedaleiras, croques, bilitroques,  milicroque, estalos, abeloura, abrula, estoupallo, seoane, botexo,  barloco, borleta, lunas da nosa señora,  etc. En castelán chámase entre outros nomes "zapatitos de Cristo".

 

Ver  características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DIBUXO E CARACTERÍSTICAS.

Digitalis purpúrea L.

A planta ten de 25 a 180 cms. Pubescente e lanosa.

Rara vez casi lampiña.

 Follas basais ovais ou case aserradas bastante grandes.

A corola é cor púrpura, en forma de tubo con peliños dentro. Típica.

Aparece en calquera lugar, pero  preferentemente terreos non  calizos.

 

Follas inferiores son aserradas, cun pecíolo moi longo; ver o dibuxo. 

O froito é ovoideo, romo, igual ou maior co cáliz. O froito,  está nunha cápsula ovoidea que se abre por dúas valvas deixando saír numerosas sementes de pequeno tamaño. É tóxica.

Unha curiosidade desta planta é que pode ser "a planta galega con máis nomes"  (por riba dos 60 nomes), ver si non algúns:  estralotes, dedaleiras, croques, bilitroques,  estalos, aveluria, abeloura, abrula, abrulla, alconoz, alcroque, alicroque, babocas, balocos,  estoupón, estralantes, estraleques, estrincón, estroupallón, estrincón, folla do sapo, herba da cobra,  herba dos troques, porreta, estoupallo, seoane, botexo,  lunas da nosa señora,  abelloca, belitroque, borleta, botexo, cocos, crocas, croquele, digital, dixital, melicroque, milicroque, palitroques, sapaqueiro, soandes, xoane, etc.

Esta fotografía mostra uns cantos estralotes, é moi normal nos prados de Galicia a beira ou non dos ríos.

Esta planta dura sobre dous anos.

É moi común en Galicia. O feito de recibir tantos nomes demostra as craras que é moi popular.

Aparece en calquera lugar.

En castelán ten tamén moitos nomes como: zapatitos de Cristo, dedalera, digital, guante de nuestra señora, viluria, guantelete, calzones de zorra, chupamieles e outros.

É unha planta velenosa,  contén unha droga que fai máis vigoroso o latexar do corazón. Por eso se aproveita como medicamento.

Pero ollo, non se debe recolectar xa que é velenosa para autoterapia.

É moi utilizada para afeccións de corazón e tamén para a orina.

Dícese que escorrenta as bruxas e as desgracias si se pon na porta a noite de San Xoán; e seguro que é certo...

 

Estralotes no río Mao. Leboreiro. Ourense. Foto do autor da www.

 

Estralotes no río Mao. Leboreiro. Dase en calquera lugar, neste caso está rodeada de xuncos.

Estralotes na Serra de Calvos no Incio. A carón do estralote vese unha faba loba.

Estalotes con fondo a Serra de Queixa e o río Navea. No fondo os altos de Samión en Chandrexa de Queixa. Ourense. A casa que se ve é de Castelariña.

 

Foto ampliada:

Estalotes con fondo a Serra de Queixa e o río Navea. No fondo os altos de Samión en Chandrexa de Queixa. Ourense. A casa que se ve é de Castelariña.

Estalotes con fondo o río Deva en Touzosas. Arbo.

O texto está sacado do libro "Claves para a flora de España" de Mariano Garcia Rollán. Tamén utilizo o libro "Guía das Plantas medicinais de Galicia", así como a "Flora de Galicia"   de Xosé Ramón García.

Saír.