Asplenium trichomanes. L. 

Fento das Boticas.  (Asplenium).

É abondoso nas beiras dos ríos galegos, sobre todo en zonas onde hai escarpados de rochas, xa que o asplenium colga das paredes. Atópase ata 2.000 m.

A fotografía está sacada na Devesa da Rogueira, moi preto de Moreda no Courel en Lugo. Unha auténtica marabilla natural en Galicia. Un xardín botánico.

Ver as características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ASPLENIUM TRICHOMANES L.

Fento das Boticas. Tamén se chama Coandro e Cuandro.

O aspecto é inconfundible. Sempre colgando dos muros. Moi típico do río Lor en Lugo. Tamén o teño visto no río Arnoia en Ourense pola zona de Outomuro.

 

Peciolo máis ou menos lampiño. De 8-45 cms. Escamas de ata 5 mm, con banda central oscura.

Follas (no fento chámanse frondes) de 4 a 35 cms, lampiñas con algún pelo glandular.

Os soros son lineais e os esporanxios  poden ser collidos coa man.

 

Dase moito en rocas e paredes e non é dificil de identificar, as veces é moi pequeniño, sobre 4 cms.

Chámanse en galego Fento das Boticas, inda que tamén recibe o nome de cuandro ou coandro.

 En castelán chámase culantrillo e tricomanes.

Leva, polo tanto rizomas (parte sumerxida ou raíces do fento) pequenos, fibrosos, e frondes de 5 a 30 cm. cun pecíolo moi brilante.

Moi común a fins de primavera e verán.

A fotografía é  de Totierdell C.

O fento das boticas é moi común nas paredes ou muros de moitos ríos da comunidade galega.

Pode atoparse ata 2.000 metros de altitude.

 

As fotografía aparecen coa firma. O texto é de Mariano Garcia Rollán, sacado o pe da letra do libro "Claves  de la flora de España". Tamén utilizo o texto  "Flora de Galicia" de Xosé Ramón García, Editorial Follas Novas 1979, que é a miña biblia no tema das plantas en Galicia.

Finalmente tamén teño consultado o libro "Guía dos Fentos de Galicia" de Henrique Niño Ricoi publicado en 2008 por Baía Edicións.

Fotografía de A. Mrkvicka 

Vense os esporanxios dos soros que poden ser collidos coa man. Precisamente o nome  Tricomanes ven de trico e manes precisamente por eso.

Fento das boticas. Fotografía do autor da web.

Devesa da Rogueira. Courel. Lugo. 08/11/2007

Saír.